VIII Marcha Ciclista Unificada para persoas con e sen discapacidade intelectual

    • A cita conta coa colaboración do Concello de Monforte e da Deputación de Lugo, “sendo unha clara aposta dende ambas institucións polo deporte máis inclusivo”, destaca o Alcalde e Presidente, José Tomé Roca
    • O evento está organizado por Special Olympics Galicia e as marchas celebraranse este xoves e venres, reunindo a 29 ciclistas e 5 adestradores

O Concello de Monforte será un dos escenarios protagonistas do transcurso da 8ª Marcha ciclista unificada organizada pola asociación Special Olympics Galicia, que une deporte e inclusión social.

Ademais do Concello de Monforte, Sober e Pantón, serán os outros municipios que acollerán ós ciclistas desta Marcha durante a primeira xornada, que terá lugar este xoves 1 de outubro. O venres, será a quenda do Concello de Baños de Molgas, en Ourense, que collerá o relevo da Marcha.

O Alcalde do Concello de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, destacou o apoio que ambas entidades prestan a este evento, “porque é un exemplo de deporte inclusivo no que participan persoas con e sen discapacidade intelectual, e polo tanto conecta directamente coa nosa decidida aposta polas políticas de índole social”.

Do mesmo xeito, “a pesar da actual situación de crise sanitaria derivada do Covid-19, dende a Deputación e o Concello secundamos este tipo de iniciativas porque posibilitan que persoas con e sen discapacidade compartan unha xornada de deporte e ocio inclusivos, neste caso en concellos da zona sur da nosa provincia”, destacou o mandatario provincial.

Dende Special Olympics Galicia, o seu presidente, Eladio Fernández, sinala “son tempos complicados, pero debemos buscar a maneira de retomar a maior normalidade posible. Con esta actividade, queremos poñer o noso grao de area para retomar pouco a pouco a actividade, e ofrecer una alternativa de ocio e deporte seguro para tódalas persoas con discapacidade intelectual que durante estes meses viron especialmente reducida a súa oportunidade de relacionarse fóra do núcleo familia”.

Do mesmo xeito, o máximo responsable de Special Olympics Galicia resalta o carácter innovador desta marcha pois “esta iniciativa empezaba hai xa oito anos como unha experiencia piloto, e aínda que esta edición vai ser moito mais conservadora dadas as circunstancias derivadas da crise sanitaria, mantén intacta a súa esencia”.

A primeira ruta ciclista será estes xoves, día de 1 de outubro, e nela participarán 16 deportistas e 3 adestradores que cubrirán a ruta de Sober-Ferreira de Pantón-Monforte-Sober.

A saída desta primeira ruta terá lugar ás 10:45 horas dende a Praza do Concello de Sober. A chegada prevese ás 14:00 nesta mesma localización, tras percorrer as rúas de Monforte e Ferreira de Pantón.

A segunda xornada celebrarase o venres día 2 e terá lugar na localidade de Baños de Molgas, na provincia de Ourense, saíndo ás 10:45 dende a estación do tren, e con chegada ás 14:00 a esta mesma localización.

Special Olympics Galicia é unha Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual. Unha organización sen ánimo de lucro que traballa pola promoción e a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer, o tempo libre, a cultura e o deporte.

 

DATOS DE PARTICIPACIÓN 

PRIMEIRA RUTA. Sober-Ferreira de Pantón-Monforte de Lemos-Sober. 1 de outubro 2020.

Entidade

Orixe entidade

Número de deportistas

Número de adestradores

Total Participantes

PRODEME

MONFORTE

15

3

18

VOLUNTARIOS UNIFICADOS

SANTIAGO

1

 

1

ORGANIZACIÓN

VARIOS

 

 

9

OUTROS COLABORADORES

VARIOS

 

 

3

 

TOTAL

16

3

31

 

SEGUNDA RUTA. Baños de Molgas. 2 de outubro 2020.

 

Entidade

Orixe entidade

Número de deportistas

Número de adestradores

Total

ASPANAS

OURENSE

4

1

5

PRODEME

MONFORTE

8

1

9

VOLUNTARIOS UNIFICADOS

SANTIAGO

1

 

1

ORGANIZACIÓN

VARIOS

 

 

9

OUTROS COLABORADORES

VARIOS

 

 

3

 

TOTAL

13

2

27

 

 

 

También te podría gustar...