Monforte recupera a fonte de Rozavales que data de 1960

  • O Concello de Monforte recupera a fonte de Rozavales
  • Esta fonte pública atópase no núcleo rural de A Fonte, na parroquia de Rozavales, e é unha das máis importantes do Concello, que data de 1960
  • “É por iso que dende o Equipo de Goberno do Concello de Monforte de Lemos, decidimos acometer a acondicionamento de dita fonte e a súa contorna máis inmediata, para recuperar parte da historia da parroquia de Rozavales e para que poida ser de novo disfrutada polos seus veciños e veciñas”, destaca o Alcalde
  • Para estas obras de acondicionamento e restauración da Fonte de Rozavales o Concello de Monforte destina 16.633,27 euros, e contarase cun prazo de execución de 4 semanas

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar o arranxo da fonte pública que se atopa no  núcleo rural de A Fonte, na parroquia de Rozavales.

O Concello de Monforte posúe diversas fontes públicas espalladas por toda a súa xeografía, algunhas das cales sitúanse nos núcleos rurais. Unha das máis importantes é a situada no núcleo rural de A Fonte, na parroquia de Rozavales, sobre a que se acometen as obras de mellora que a continuación describiremos.

A fonte de Rozavales construíuse no ano 1.960 e foi moi utilizada polos veciños desta parroquia durante décadas. Na actualidade, e debido á diminución da poboación, a fonte deixouse de utilizar e abandonouse progresivamente ata chegar á situación de deterioro actual.

“É por iso que dende o Equipo de Goberno do Concello de Monforte de Lemos, decidimos acometer o acondicionamento de devandita fonte e a súa contorna máis inmediata, para recuperar parte da historia da parroquia de Rozavales e para que poida ser de novo disfrutada polos seus veciños e veciñas”.

Para estas obras de acondicionamento e restauración da Fonte de Rozavales o Concello de Monforte destina 16.633,27 euros, e contará cun prazo de execución de 4 semanas.

 

  • Mellora da Fonte de Rozavales

A fonte consta de tres partes diferenciadas. Por unha banda a fonte propiamente dita, cun frontón realizado en muro de pedra e ladrillo con acabado enfoscado. Doutra banda, un lavadoiro con cuberta de estrutura de madeira e pranchas de fibrocemento. O terceiro elemento é unha caseta de bloques de formigón sen revestir e que alberga un pozo de auga no seu interior.

As actuacións de mellora que se levarán a cabo na fonte consisten na limpeza da mesma e do lavadoiro, a reparación dos muros de morteiro de cemento e o seu posterior pintado, a recuperación das canalizacións de auga así como o saneamento da zona con tuberías de PVC soterradas.

Así mesmo, no lavadoiro desmontarase a cuberta de fibrocemento actual e a estrutura de madeira que a sustenta, xa que se atopa en mal estado, e substituirase por unha nova estrutura de madeira de castiñeiro (alicerces, vigas e pontóns) que sosterá o faldón de cuberta de madeira de castiñeiro e sobre o que se colocarán as pranchas de fibrocemento e a tella cerámica curva superior.

Doutra banda, o terceiro elemento da fonte, a caseta de bloques de formigón revestirase con morteiro de cemento e o seu posterior pintado, e na súa cuberta colocarase teza cerámica curva.

Para rematar, na contorna máis inmediata da fonte colocarase un pavimento de formigón impreso, unha vez saneada a zona e reenchida con material drenante.

  • Actuacións técnicas

Traballos previos:

  • Limpeza y recuperación da fonte e do lavadoiro.
  • Desmontaxe de placas de fibrocemento.
  • Demolición de entablado e entramado de madeira de cuberta.
  • Carga de escombros a mano sobre contedor e transporte de escombros a vertedoiro, con colector para escombros de 7 m³, co aboamento do canon de verquido de escombros.
  • Carga con camión grúa de placas de fibrocemento, co aboamento do canon de vertido de residuos perigosos (placas de fibrocemento).
  • Escavación mecánica do terreo e transporte de terras, co aboamento do canon de verquido de terras

Pluviais:

  • Tubería de PVC corrugada de 300 mm
  • Pozo de rexistro d=80 h= 1,6 m

Firmes:

  • Recheo localizado con material filtrante
  • Zahorra artificial en sub-base
  • Pavimento de calzada de formigón impreso de 20 cm.

Albanelería e carpintería:

  • Pé dereito de madeira de castano 20×20 cm
  • Xácena de madeira de castano 20×20 cm
  • Correa de madeira de castano 12×20 cm
  • Entablado de madeira machihembrada de castano
  • Cuberta de fibrocemento baixo tella perfil curva
  • Cobertura de tella curva borxa 40×19 vermella
  • Enfoscado maestreado hidrófugo M10

Acabados:

  • Porta cancela batente
  • Pintura plástica mate para fachadas lisa
  • Pintura epoxi sikagard 136 dv
  • Barnizado de madeira exterior 3 mans

También te podría gustar...