Alberte Montes, ficha pola SER para xullo e agosto

  • O actor e humorista galego será colaborador do programa ‘La Ventana’ con contidos refrescantes e cheos de humor para animar as tardes do verán
  • O pasado ano Alberte estreábase formando parte do equipo de verán e o seu director e presentador para o formato estival, Roberto Sánchez, quixo que repetise neste 2020

Alberte co equipo de La Ventana a tempada pasada no estudos da SER en Madrid.

 

Un ano máis Alberte queda sen vacacións. Foi convocado por Roberto Sánchez para o equipo de “La Ventana” que amenizará as tardes de verán de xullo e agosto entre as 17 e as 18:00 h.

O xornalista radiofónico Roberto Sánchez é subdirector do programa ‘La Ventana’ pero presentará e dirixirá o mesmo en ausencia de Carles Francino estes meses.

O quirogués dos Anguieiros recuncará un ano máis como colaborador dun dos programas de referencia da SER, e farao con seccións de humor como UN ROLLO DE VERANO ou PADRE NUESTRO, esta última na que falará da súa experiencia como pai novel. Mesmo igual se atreve co mítico xénero da radionovela e probablemente seguirá postulándose para encetar festas e verbenas coa súa eterna reivindicación, #AlbertePregonero.

Alberte Montes, modo verán

 

Alberte Montes

Este polifacético artista recoñécese principalmente nas facetas de actor, guionista, director, humorista e presentador.

Como actor ten participado en varias ficcións, as máis recentes foron ‘FARIÑA’, emitida en Antena 3, e recentemente na serie ‘Do dereito e do revés’ na TVG.

Como humorista participou en programas como ‘Los Infiltrados’ e ‘Los lunes al GOL’ da canle temática GOL, en ‘Land Rober’ e ‘Luar’ da TVG e tamén en “La ventana’ da cadena SER, programa ao que volve este verán.

También te podría gustar...