Lucía Pérez enamora y emociona como pregonera de las Fiestas Patronales de Monforte que ya se viven intensamente
- Reviva el emotivo pregón de Lucía Pérez que marcó el comienzo a las Fiestas Patronales de Monforte
- Entrevista a la pregonera AQUÍ
Texto del pregón (en gallego)
Boas tardes a todas e todos, estimado Alcalde, concelleiras e concelleiros, veciñas e veciños, amigas e amigos de Monforte, moitas gracias por acompañarme nesta tarde, que de seguro vai a ser para o recordo. Estou moi emocionada de estar aquí e non podo evitar sentir un respecto absoluto vendo algúns dos nomes dos pregoeiros de anos anteriores; espero estar á altura.
Quero agradecerlle ó alcalde, José Tomé e a súa corporación que pensaran en min como pregoeira das festas deste ano 2019. De verdade moi agradecida! Pois quen lle ía dicir a aquela nena que viña sempre as estas festas que un día estaría vivindo o momento que estamos vivindo….está claro e cada día doume máis conta, que moitas veces os soños fanse realidade.
Seguramente non vos engano se vos digo que eu son máis de cantar que de falar e estando aquí con vòs diante e cun micrófono na man non è doado resistirse a esa tentanción. É mais non vou facelo e menos cando me están dando voltas na cabeza uns versos do meu ben querido autor, Chema Purón que din así…
“E fácil quererte terra, como te queren
calquera que te coñeza
xa se enamora de tí para sempre
calquera que probe a froita
que dá esta terra, xa para sempre
De todos aqueles fillos que tí pariches,
algúns sen querer saímos
con alma de vagabundo
mais debes saber que aínda sin vivir contigo
amámoste cada segundo
e estemos por onde estemos
seremos galegos teus
e aínda estando tan lonxe
Galegos somos do mundo”
E agora que parece que estou máis tranquila dicirvos que espero espir a miña alma diante de vós, a miña xente, á que vos teño tanto que agradecer.
Como moitos sabedes eu nacín en Goó, unha parroquia do Concello de O Incio, da cal sempre me sentín e me sinto orgullosa, da mesma maneira que me sinto orgullosa de Monforte, cidade que de tanto vir a ela dende nena considero que é a miña segunda casa. O Incio e Monforte, unidos polo Río Cabe, porque como din por ahí, no Cabe cabemos todos, unidos polos versos de Lois Pereiro, que xa falou da existencia imaxinaria desta cidade agochada na néboa e no subconsciente colectivo. O Incio, a Terra Brava que lle apelou Anxel Fole e Monforte de Lemos, a capital da Ribeira Sacra, son sempre para min o meu sosego e o meu respiro.
Hoxe teño a gran sorte de ter aquí comigo o meu avó, que ten nada máis e nada menos que 95 anos. El contoume que moitas veces veu camiñando dende O Incio, ata a feira que se facía aquí na Explanada da Compañía hai xa ben anos. E aquí, en Monforte comprou o seu primeiro cabalo, cabalo que lle serviu de axuda para levar correo pola contorna, pois, entre moitas outras cousas, foi carteiro. A nosa, sempre foi unha casa de carteiros, xa o seu pai o fora e tamén foron miña nai e meu pai. Tradición que non seguimos o meu irmán Vizcaíno e mais eu; pero iso si, intentamos seguir levando mensaxes á xente non por aquelas cartas marabillosas que, por desgraza, cada vez están máis en desuso, senón que a través das nosas cancións e da nosa música.
Vádesme permitir que volva agora aos meus primeiros anos, cando miñas primas e mais eu viñamos os fin de semana á piscina e logo comíamos o bocata do nª 6 ¡cómo sabían e cómo saben! E xa na adolescencia, como esperabamos ansiosas que chegaran as Festas de Agosto para que nos deixaran saír ata tarde e gozar do ambietazo que se formaba na Rúa Duquesa.
E, como non, foi aquí en Monforte, cando eu cantei por primeira vez diante dun público que non fose a xente da miña familia e do meu pobo. Nunca esquecerei aquel concurso que se fixera na Discoteca Idea, na que eu levaba un vestido de faralaes e cantaba por Rocío Jurado, xa era atrevida jjj. Época na que Monforte tiña unha televisión local e na que os karaokes eran un bo reclamo para divertirse. ¿Acordádesvos do karaoke Torres? Alí, moito cantei… tería uns 7 anos e facían un concurso de karaoke infantil que se retransmitía polaTV7, que se chamaba “O voso ritmo”, presentado polo incombustible Rafa Aguiar que como seguro sabedes e a voz que todos recoñecemos agora na Cadena SER Monforte, e Manola Porto, gran amiga que tamén me viu medrar e que agora está en Onda Cero. E foi precisamente nese concurso onde gañei o meu primeiro premio, unha caixiña de prata na que aínda sigo gardando cousas especiais.
Como vedes, Monforte foi moi importante nos meus comezos e ségueo sendo ao longo da miña carreira profesional. Quen me ía a dicir a min en aqueles tempos, que anos máis tarde iba a ser xusto aquí, onde iba dar algúns dos concertos que sempre seguirán vivos na miña memoria. O primeiro deles na inmensa explanada da Compañía, aquel 14 de Agosto de 2011, poucos meses despois de que eu representara a España no Festival de Eurovisión. No vos podedes imaxinar o respecto que eu lle tiña y lle teño a esta praza, e non hai palabras para explicar o que eu sentín ao saír a ese escenario e ver que estaba a rebosar! Poucas veces notei tan forte y tan cerca o cariño da xente.
Logo viñeron outros concertos, na emblemática praza de España, de novo na Compañía, xusto agora fai un ano… e estou segura de que virán máis no futuro, porque este vínculo que se creou entre nós fai tanto tempo, cada día faise máis forte e máis entrañable e por iso nunca poderei darvos suficientemente as gracias!
E antes de seguir, quero dicir que Monforte, sempre foi unha cidade xenerosa cos seus artistas, dándonos aquelas primeiras oportunidades, precisamente cando máis se precisan, que é cando un está empezando. Xusto é recoñecelo e xusto é expresar publicamente o agradecemento no meu nome e no de todos aqueles que sentimos ese apoio ao longo dos anos.
Monforte, é a forma da súa xente, a xente que a ama, naceran aquí ou non, pois é unha cidade de mezclas e mesturas entre pobos e culturas, aberta ó mundo por e para o mundo. Temos, sen dúbida unha cidade que brila con ganas e combinar a tradición ca modernidade é a máis sabia aspiración que pode anhelar o ser humano. Exemplo de iso é a Ribeira Sacra, que ca súa riqueza paisaxística, ca viticultura heroica tivo que volver ás raíces para sobrevivir, expandirse e reivindicar o seu propio carácter. É así cando se consegue o éxito! E xa é un dos máis atractivos lugares de Galicia. Tanto, que como todos sabedes, xa é candidata oficial a ser declarada “Patrimonio de la Humanidade” no 2021… ¡Oxalá se consiga e poidamos celebralo todos xuntos…Pero todo isto non pode cambiar a esencia de Monforte, así que non nos deixemos levar polo ritmo frenético que deshumaniza e recuperemos o talante afectuoso e sabio que nos transmitiron personaxes da nosa literatura como Lois Pereiro, Manuel María, Anxel Fole ou María Mariño. E alégrame especialmente ver que entre estes nomes brila con luz propia o de unha muller, como xa antes o fixo a nosa Rosalía de Castro, porque, sen dúbida ¡estamos na era da mulleres!
As mulleres galegas vimos con máis forza que nunca e non temos medo. Podería poñer moitos exemplos, pero por traer algúns cercanos recordo a María Emilia Casas Baamonde, ex presidenta do Tribunal Constitucional, que foi a primeira muller que exerceu este cargo, un dos máis altos poderes do Estado. Saleta Fernández, a nosa atleta máis internacional ou a miña querida Nuria López, que vive a poucos quilómetros de aquí, en Escairón, e que dende a súa cadeira de rodas está conseguindo medalla tras medalla demostrando que as mulleres galegas podemos chegar a conseguir o que nos propoñamos.
E agora se vos parece imos dar un paseo polo Cardenal e tomar un café cos amigos da Polar, onde a súa tapa de pizza é xa coñecida na Provincia enteira, facer compras polo comercio local… Por certo, que hoxe, como moitas outras veces veño vestida dunha tenda de aquí, da Boutique de Marian (Moitas gracias Marian!!!), xa sabedes que apoiar o pequeno comercio lévanos a manter viva a cidade. Logo imos dar un paseo polo Malecón e subir ao Castelo, volver o Medievo e recrear, como fixen hai uns meses, o Romance da Condesa Dona Ildara, que foi desterrada ao Castelo do Carvedo no Caurel e que gracias ás xentes do lugar puido volver ao seu Lemos da alma. Nalgúns do seus versos, este romance dícía algo así…
“Do Castelo Lemos vén,
Camiño vai do Caurel
cruza montañas e vales
pola beiriña do Lor
De volta vai a Condesa,
a Lemos volta habitar
con Rui vai de camino
en Monforte vai reinar”
Esta cantiga medieval foi recollida na zona do Caurel, terra de Uxío Novoneyra que aínda que non era de Monforte, como sabedes, aquí era onde se reunía cos intelectuais do momento como Manuel María….acordádesvos….
“Non canta na Chá ninguén
por eso o meu Carro canta
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta
Non hai canto tan fermoso
fino como un asubío
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío”
Como vedes, a música sempre volve a min; a música é a miña vida e non me podo sentir máis afortunada de poder ter a profesión que teño.
Sabedes que moitas veces o mellor aplauso, é o silencio; e o silencio é tan noso como o aire. Eu agradezo o voso mentres estivestes escoitando a miñas palabras, pero chegou o momento de que ese silencio se rompa co algarabío das nosas festas!. Desfrutade dos amigos, da familia, da boa música e da boa mesa. Cantade e bailade ata quedar afónicos, abride os brazos aos que veñen de fora e todos xuntos brindemos co bendita froita desta terra, cunha copa do mellor viño, que é o da Ribeira Sacra.
Monfortinas e monfortinos, sexamos máis conscientes do que somos e o que temos e cara a onde nos diriximos, e sexamos máis nós que nunca.
VIVA MONFORTE! E FELICES FESTAS 2019!!
- El pregón en imágenes