Festivais, panxoliñas, elaboración de postais e visitas de Papá Noel protagonizan o Nadal nos centros da rede autonómica A Galiña Azul
- Festivais, panxoliñas, elaboración de postais e visitas de Papá Noel protagonizan o Nadal nas escolas infantís da provincia de Ourense
- Decoración das aulas, montaxe de beléns, elaboracións de postais e a visita de Papá Noel son algunhas das actividades que a Consellería de Política Social desenvolve nos centros da rede autonómica A Galiña Azul
- A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañou aos pequenos da escola infantil “Farixa” que hoxe recibiron a visita de Papá Noel
A delegada territorial de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá a escola infantil Farixa con motivo das actividades navideñas que se están a desenvolver nos centros da rede autonómica A Galiña Azul dependentes da Consellería de Política Social. A máxima representante do Goberno galego en Ourense acompañada do xefe territorial de Política Social, José Selas, e o director da gardería, María Concepción González, compartiu un dos actos máis entrañables programados por esta gardería neste Nadal: a visita de Papá Noel.
Díaz Mouteira puido comprobar os nervios, a ledicia e a ilusión dos pequenos que gozaron ao recibir a visita de Papá Noel, e quen lles agasallou cuns regalos amais de escoitar as súas peticións.
Os alumnos e alumnas deste centro levan todo o mes de decembro participando en actividades asociadas ao Nadal: confección e montaxe do belén, no cal participan activamente todos os rapaces e rapazas poñendo figuras, botando area e herba no camiño, elaboración de debuxos e figuras para a decoración das aulas… Para rematar as actividades do Nadal os pequenos desta escola infantil recibiron a visita do mítico home de vermello.
Actividades semellantes as organizadas nesta gardería da cidade ourensá repítense estes días nas outras escolas infantís da rede autonómica que funcionan na provincia. Ourense conta cun total de 25 escolas infantís de titularidade autonómica, 22 delas integradas no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e 3 pertencentes á Axencia Galega de Servizos Sociais, o que fan un total de 1.149 prazas públicas.