A Veiga, culto á Choiva das Xemínidas

  • Chega o espectáculo das xemínidas á Veiga

Mirador Estelar O Rañadoiro (A Veiga)

 

O Concello de A Veiga ten programado para o vindeiro 17 de decembro unha das observacións máis espectaculares do ano, a Choiva das Xemínidas.

Como cada ano o ceo encheráse de estrelas fugaces e podremos desfrutar desta observación nun dos dous únicos miradores estelares recoñecidos pola Fundación Sartlight.

Os Destinos Turísticos Starlight son lugares visitables que posúen excelentes cualidades para a contemplación dos ceos estrelados e a práctica de actividades turísticas baseadas neste recurso.Con esta iniciativa preténdese promover o turismo estelar, apostando así polo turismo sostible nun espacio que xa conta ca protección da Rede Natura 2000.

A actividade dará comezo cunha merenda no Bar A Palleira na localidade de Seoane ás 19.00. Posteriormente se desplazarán ata o Mirador Estelar de O Rañadoiro, para deleitarse desta choiva de meteoros que este ano se prevee que alcance os 120 meteoros por hora. Como broche final desfrutarán dun chocolate con churros. Esta observación estará guiada polo astrofotógrafo Óscar Blanco Varela, experto divulgador de astronomía, asesor técnico e un dos promotores do proceso de certificación do Destino Starlight de Trevinca.

Aquelas persoas que estén interesadas en participar pódense poñer en contacto ca Oficina de Turismo do Concello de A Veiga a través do teléfono 988.350130 ou no enderezo electrónico turismo.aveiga@gmail.com. Ademáis poderán seguir a evolución destes eventos a través de facebook «Concello de A Veiga» ou » Destino turístico Starlight Trevinca».

También te podría gustar...