O CHUO lamenta á xudicialización da organización sanitaria e asistencial

  • A organización das urxencias, os ingresos e as altas baseanse en criterios puramente asistenciais e responden a prescrición facultativa
  • A dirección do complexo aportará a xustiza canta información precise e espera que sirva para contribuir a evitar a alarma que as continuas informacións sindicais tentan crear

 

CHUO. Por Rafael

CHUO. Por Rafael

O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ten operativas o 100% das súas camas, e conta con plena capacidade de ingreso de pacientes, tanto urxentes como programados. O número de atencións/ingresos urxentes están neste momento dentro da media habitual, sen que se detectase un aumento algún este fin de semana.

A capacidade de hospitalización dos hospitais baséase no equilibrio entre os pacientes que ingresan e os que son dados de alta, que en determinados momentos varía, ben polo incremento de ingresos urxentes (como en períodos de gripe) como pola redución das altas (fins de semana ou festivos) ou polo aumento da estanza media (derivada do envellecemento, cronicidade e complexidade dos pacientes ).

Os servizos de Urxencias son unha das principais entradas ao hospital polo que, en determinados momentos, o paciente ao que o médico lle prescribe un ingreso debe permanecer un tempo prudencial no servizo, ata seu traslado a unha habitación. Para axilizar estes traslados internos dentro do hospital, evitando súa permanenza en Urxencias, o CHUO conta con distintas unidades, con camas de preingreso ou tránsito, que permiten atender en condicións asistenciais axeitadas ao paciente ingresado ata seu traslado á habitación.

Estas unidades intermedias, como as unidades colchón das que se dispoñen no Hospital Santa María Nai, están pechadas a maior parte do ano, ao ter habitacións libres no resto do hospital, e súa función é temporal ou apertura rápida, períodos nos que se dotan do persoal necesario para garantir a correcta asistencia, igualando seu ratio de persoal de enfermería ao do resto do hospital.

Ademais, as unidades do Nai, as que se referíu os últimos días a Comisión de centro, funcionan como «colchón» de ingresos na área médica (non cirúrxicos) e, ao igual que nas antigas de Piñor, non pode ingresar calquera paciente, por estar nun edificio separado de servizos como a UCI, Pneumoloxía, Cardioloxía, etc. Por elo, e seguindo un criterio médico, estas camas non poden ser ocupadas por gran parte dos pacientes que ingresan por urxencias. Tema que se solventará definitivamente coa próxima apertura do novo Edificio de Hospitalización.

Onte mesmo, a dirección do complexo convocou aos representantes sindicais, para facerlle ver que a campaña emprendida pola apertura destas unidades do Nai non responde a necesidades asistenciais, nin a criterios facultativos, procurando súa colaboración e escoitar as súas aportacións, ata a data sen resultados.

Normalidade asistencial

Da inexacta relación de datos aportada pola Comisión de Centro, resalta afirmen que de 19 boxes existentes en Urxencias, 17 estiveron inoperativos por estar ocupados por “pacientes ingresados”: De ser así, a actividade asistencial do Servizo de Urxencias só contou onte cun 10% de boxes libres, algo completamente improbable, xa que significaría que onte se deixou de atender ou ingresar ao 90% dos pacientes que acudiron a urxencias.

Por último, lamentar que os representantes sindicais critiquen a estanza en camas, e non en padiolas, de parte dos pacientes da Sala de Diagnóstico e Tratamento de Urxencias, aspecto que a bo seguro ningún paciente comparte, xa que por riba de todo debe priorizarse a comodidade dos pacientes sobre as lixeiras incomodidades que esto poda supoñer para os traballadores.

También te podría gustar...