Dálle luz á túa factura informa esta semana en dez concellos de Ourense sobre como aforrar no recibo eléctrico

  • No marco da campaña impulsada por Economía, Emprego e Industria desenvolveranse xornadas informativas os próximos días nos municipios de A Pobra de Trives, Castro Caldelas, Boborás, San Cristovo de Cea, Nogueira de Ramuín, Coles, Xinzo de Limia, Allariz, Verín e Monterrei
  • Explicarase aos consumidores como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria
  • A iniciativa, que chegará nas próximas semanas a unha vintena de concellos ourensáns, conta cunha nova ferramenta web na que os usuarios reciben recomendacións concretas introducindo os seus datos de consumo eléctrico
  • Os consumidores poden consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como a través das redes sociais

 

dalle_luzA campaña da Xunta Dálle luz á túa factura chega esta semana a dez concellos de Ourense, onde se celebrarán xornadas informativas para achegar aos consumidores as claves para que poidan aforrar no seu recibo eléctrico, centradas en aspectos fundamentais como elixir o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar; revisar a potencia contratada ou valorar a discriminación horaria. Nestes encontros farase ademais fincapé no aforro e a eficiencia enerxética, e achegarase información sobre como realizar os diferentes trámites ou presentar reclamacións ante as compañías eléctricas.

As xornadas informativas da iniciativa, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Galego de Consumo e o Inega, chegará en total nas próximas semanas a máis de 70 concellos galegos, unha vintena na provincia de Ourense. Ademais, os consumidores poden acceder tamén nas webs de ambas entidades a unha nova aplicación na que, introducindo os seus datos de consumo eléctrico, recibirán recomendacións concreta, ou consultar as súas dúbidas no teléfono gratuíto 900 907 723, así como na páxina de Facebook Dálle luz á túa factura. Estas ferramentas complementan así o labor de información e asesoramento que se desenvolve a través do Instituto Galego de Consumo e das oficinas municipais de información ao consumidor (OMICs).

Calendario semana

O luns 14 de novembro a xornada de Dálle luz á túa factura celebrarase ás 16 horas na Pobra de Trives, nos baixos da Casa do Concello (San Roque, 4), mentres que ás 18:30 horas será en Castro Caldelas, na aula Cemit (O Toural, s/n).

O martes a campaña visitará Boborás ás 16 horas, no local social de Brués (Conchouso, s/n), e ás 18:30 horas terá lugar a charla de San Cristovo de Cea (no edificio multiusos da Rúa San Lourenzo, 68).

Xa o mércores ás 16 horas será o turno de Nogueira de Ramuín, que acollerá a xornada no salón de plenos do Concello (Estrada a Nogueira, 3, Luintra), e ás 18:30 horas o de Coles (no salón de plenos do Concello, na rúa Vilarchao, 34).

No tocante ao xoves, Dálle luz á túa factura visitará Xinzo de Limia (ás 16 horas no salón de plenos, na rúa Curros Enríquez, 15) e Allariz (ás 18:30 horas no salón de actos do Fogar dos Maiores, no Campo da Barreira, 3).

Finalmente, o venres 18 de novembro será o turno de Verín (ás 16 horas na Casa da Cultura, situada na Travesía do Concello, 1) e Monterrei (ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Alvarellos, en Fontiñas s/n).
 

LUNS 14 DE NOVEMBRO

A Pobra de Trives

16:00 h
Baixos da Casa do Concello
Dirección: San Roque, 4, 32789

Castro Caldelas

18:30 h
Aula CEMIT
Dirección: O Toural, s/n

MARTES 15 DE NOVEMBRO

Boborás
16:00 h
Local Social de Brués
Dirección: Conchouso, s/n, Brués

San Cristovo de Cea

18:30 h
Edificio Multiusos
Dirección: Rúa San Lorezo, 68, Cea

MÉRCORES 16 DE NOVEMBRO

Nogueira de Ramuín

16:00 h
Salón de Plenos do Concello
Dirección: Estrada a Nogueira, 3, 32160, Luintra
Coles
18:30 h
Salón de Plenos do Concello
Dirección: C/ Vilarchao, 34

XOVES 17 DE NOVEMBRO

Xinzo de Limia

16:00 h
Salón de Plenos do Concello
Dirección: Rúa Curros Enríquez, 15
Allariz
18:30 h
Salón de Actos do Fogar dos Maiores
Dirección: Campo da Barreira, 3

VENRES 18 DE NOVEMBRO

Verín
16:00 h
Casa da Cultura de Verín
Dirección: Travesía do Concello, 1
Monterrei
18:30 h
Casa da Cultura de Alvarellos
Direccción: Fontiñas, s/n
 

También te podría gustar...