Unha enquisa anónima entre os cidadáns servirá o Concello de O Barco para trazar unha Estratexia e sensibilizar contra o cambio climático

  • A iniciativa partiu da Consellería de Medio Ambiente e os veciños poden participar realizando o cuestionario colgado na web da institución local barquense
Un dos obxectivos da Estratexia e deter a pérdida de biodiversidade

Un dos obxectivos da Estratexia e deter a pérdida de biodiversidade

 

O Concello de O Barco está elaborando unha Estratexia de Sustentabilidade Ambiental para axudar a mellorar o comportamento fronte o cambio climático e contribuir a reducir os gases de efecto invernadoiro. Para este traballo se precisa da colaboración ciadadá, unha implicación que pasa por “buscar a corresponsabilidade dos veciños, de xeito que modificando os seus hábitos, reduzan emisións dos gases efecto invernadoiro  e que demanden ao resto de axentes (empresas, administracións, poboación en xeral, etc) unha maior consideración desta problemática nas súas actividades”, explica o Concello.

Por isté motivo, a institución local está realizando unha  enquisa entre os cidadáns que resulta imprescindible para o desenvolvemento da Estratexia  e que  permite analizar aspectos como o grao de información e coñecemento sobre o cambio climático, a responsabilidade que está disposto a asumir o cidadán e as tarefas a levar a cabo para lograr a mitigación do cambio climático.

A elaboración da Estratexia ambiental do municipio ten como principais reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e adoptar as medidas de adaptación necesarias co fin de reducir a vulnerabilidade aos riscos climáticos; sensibilizar á poboación e fomentala súa participación na loita contra o cambio climático; implicar ao goberno local na tarefa, transversalizando a problemática do cambio climático en tódalas políticas do concello; protexer e recuperar hábitats e sistemas naturais e deter a perda da biodiversidade; Acadar metas ambientais como garantir un aire, auga e solo limpo e saudable; xestionar de xeito responsable os recursos naturais e os residuos, e protexer a natureza e a biodiversidade, un valor único que se debe potenciar.
A enquisa realizáse de forma anónima dende a páxina do Concello de O Barco, de xeito que poden participar todos os cidadás que o desexen.

Río Sil en O Barco

Río Sil en O Barco

 

A iniciativa partiu da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, que emitiu unha orde para que as entidades locais elaboren Estratexias de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas. Dita Estratexia esta cofinanciada con fondos europeos de desenvolvemento rexional (FEDER) no marco operativo Feder Galicia 2014-2020.

 

También te podría gustar...