Plan de vialidade invernal na provincia: 102 profesionais, 1.935 toneladas de fundentes e 3 centros operativos

  • A Xunta pon en marcha o Plan de vialidade invernal na provincia de Ourense con 102 profesionais, 1.935 toneladas de fundentes e 3 centros operativos que garantirán a seguridade viaria
  • O Plan, que estará en marcha ata o 30 de abril, aplícase en todas as estradas da rede autonómica desta provincia
  • As medidas a levar a cabo divídense en dous grandes grupos: preventivas, para anticiparse aos posibles problemas que poidan xurdir; e curativas, para incrementar a seguridade nas estradas
  • O obxectivo desta iniciativa é organizar os recursos coa fin de garantir as condicións de vialidade na rede de estradas, que se poden ver dificultadas no inverno por fortes choivas, placas de xeo, ou a aparición de neve

 

img_9438

 

A Xunta vén de poñer en marcha o Plan de vialidade invernal 2016- 2017 para a provincia de Ourense, que permanecerá activo ata o vindeiro 30 de abril, coa posta en marcha dun dispositivo que contempla 1.935 toneladas de reservas de fundentes, 102 profesionais e 50 máquinas.

Así mesmo, na provincia de Ourense existen 3 centros, que contemplan outros 3 subcentros en distintos puntos. O operativo contará tamén con 3 plantas de salmoira.

 
Centro COEX Subcentro de operacións Subcentro de vialidade invernal
Centros
OURENSE
Ourense
 
Ourense (en centro COEX)
Ourense (en centro COEX)
AG-53 e AG-54
Mouriz
(Enlace de Cea)
Celanova
Celanova (en subcentro)
Verín
Verín (en subcentro) AG-31 A Merca (Enlace de A Merca)
A Rúa
A Rúa (en subcentro)
TOTAL
1
3
 
2

O obxectivo desta iniciativa é establecer a organización e os procedementos de actuación dos recursos dispostos pola Xunta coa fin de garantir e mellorar as condicións de vialidade na rede de estradas da comunidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo, ou a aparición de neve, reducindo ao mínimo o número de tramos con restricións ao tráfico.
Protocolo de actuación

A Xunta ten establecido un procedemento para actuar en función das condicións meteorolóxicas nas que se atope a comunidade. As medidas divídense en dous grupos: preventivas, para anticiparse aos posibles problemas que poidan xurdir; e curativas, para garantir a vialidade e incrementar a seguridade nas estradas.

  • Situación normal: aínda que non haxa previsión de xeadas ou neve, mantense unha constante vixilancia do tempo, consultando os partes e previsións meteorolóxicas.
  • Previsión de xeadas: aplicaranse tratamentos preventivos, consistentes no esparexemento de fundentes, con dotacións baixas, nos treitos nos que sexa frecuente a aparición de placas de xeo; e realizarase un control especial das zonas problemáticas, e repetición do tratamento se é preciso.
  • Existencia de xeadas: cando se detecte a presenza de placas de xeo nalgunha estrada complementarase o tratamento anterior co esparexemento de fundentes, con dotacións máis altas.
  • Previsión de nevadas: esparexemento de sal ou salmoira nos tramos nos que se sexa frecuente a aparición de neve; control destas zonas problemáticas e repetición do tratamento se se detecta, debido á choiva, a perda do tratamento anterior.

Existencia de neve: paso da coitela quitaneves e extensión de fundentes. A partir de aí, realizarase un control intenso das estradas afectadas por se fose necesario realizar sucesivas aplicacións destas medidas.

También te podría gustar...