O Centro Cultural Avenida acolle o ‘Ensaio sobre a cegueira ‘ de Saramago

  • Sarabela Teatro achega a obra do Nobel, José Saramago
  • Centro Cultural Avenida, mañá domingo 30 de Outubro ás 19:00 horas
  • O prezo da entrada será de 4€ a entrada convencional e 3€ a reducida

ovidio aldegunde

 

Sinopsis:

Unha epidemia súbita causa aos habitantes dunha cidade sen nome unha cegueira branca, descoñecida, que se expande de maneira fulminante polo país. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os personaxes viven con intensidade o amor, o odio, a crueldade, a indiferenza e o medo.
A epidemia non se detén e os ollos da única muller non afectada serán testemuña excepcional do inferno provocado pola fame, a sucidade, a infamia e a aldraxe sexual. Fantasía e realidade entretecidas nunha impresionante parábola do tempo que vivimos. Recuperar a lucidez e rescatar o afecto son dúas propostas fundamentais desta obra que é, tamén, unha reflexión sobre a ética do amor e a solidariedade.

ovidio aldegunde

 

Ficha Artística:

Autor

JOSÉ SARAMAGO

Dramaturgia y dirección

ÁNXELES CUÑA BÓVEDA

ELENCO

JORGE CASAS: Primeiro cego, Ladrón.
ELENA SEIJO: Ministra de sanidade, Camareira, Veciña.
SABELA GAGO: Muller do primeiro cego.
XAVIER ESTÉVEZ: Secretario do ministerio, Soldado, Home do parche. Ladrón
FERNANDO DACOSTA: Oftalmólogo, Ladrón
NATE BORRAJO: Muller das lentes escuras.
JOSITO PORTO: Home dous, Xefe dos ladróns, Visionario.
FINA CALLEJA: Muller do oftalmólogo.
VICENTE MONTOTO: Escritor.

 

sarabela-ensaio_cegueira-cartel

También te podría gustar...