CCOO Ensino Ourense: «No Barco un 100% de alumnado secundou a folga; ‘paro total’ na provincia»
-
Preto do 90% do alumnado do segundo ciclo da ESO e Bacharelato da provincia non asistiu as aulas no día de hoxe
CCOO Ensino considera que a comunidade educativa de Ourense di un claro “NON” a LOMCE e as revalidas de ESO e bacharelato.
Centros de localidades como Xinzo de limia, O Barco, Trives, Verín, etc, así como, na capital rexistraron un 100% de alumnado que secundou a folga.
CCOO Ensino aplaude o apoio da comunidade educativa a esta movilización convocada pola plataforma en defensa do ensino público, que mais que nunca aposta por unha educación que garanta a igualdade e a equidade no ensino.
CCOO Ensino solicitalle a consellería a non aplicación do RD de reválidas tal e como xa manifestaron outras CCAA