O 061-Galicia asistiu a 79 persoas por 47 accidentes de circulación durante a fin de semana

  • Dende as 15:00 horas do venres 21 de outubro ata as 23:59 horas do domingo 23 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 58 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 79 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 21 de outubro ata as 23:59 horas do domingo, 23 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 23 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 47 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 79 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 53 e 47 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 32 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 20 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

10
Lugo
10
Ourense
7
Pontevedra
20
Galicia
47

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 73. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en sete sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 46 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en 10 sinistros.

En 69 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 9 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto.

También te podría gustar...