Unha pista de patinaxe sobre xeo se instalará en Viana do Bolo durante a ponte de novembro
- O Concello desenvolverá un programa de actividades dende o 28 de outubro ata o 1 de novembro que tamén oferta un inchables, toro mecánico e simuladores
O Concello de Viana levará a cabo actividades de ocio familiar dende o día 28 de outubro ata o 1 de novembro, aproveitando a ponte escolar, para nenos pequenos pero tamén adultos. O «prato forte», segundo deu a coñecer a institución local, será unha pista de patinaxe de xeo sintética que, por primeira vez, chega a Viana do Bolo.
Ademais, se ofertarán inchables para os nenos, un toro mecánico e simuladores.
O lugar será no pavillón municipal e o precio da entrada será de 4 euros. Haberá vales de desconto de un euro, por persoa e día, que se poden obter na Casa do Concello de Viana os días 28 e 31, en horario de oficina.
O Concello de Viana anima a disfrutar destas actividades, principalmente da pista de patinaxe, pois abre a porta ó entretemento durante os citados días.