Preto de 600 prazas para as probas de avaliación do certificado galego de competencias dixitais en ofimática

  • A Amtega convoca preto de 600 prazas para as probas de avaliación do certificado galego de competencias dixitais en ofimática
  • Esta convocatoria está orientada a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
  • Os exames presenciais celebraranse os días 16, 17 e 18 de novembro nas aulas CeMIT de 39 concellos de toda Galicia
  • Este certificado, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acredita a formación nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

 

AmtegaA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca preto de 600 prazas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios, xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

Inscrición e datas das probas
A inscrición poderá realizarse a través de internet desde mañá, 4 de outubro. O único requisito é ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da web http://cemit.xunta.es

No caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas, realizarase un sorteo alfabético entre os inscritos para establecer a orde de prelación para efectuar a matrícula.

As probas celebraranse os días 16, 17 e 18* de novembro en diversas quendas de mañá e tarde que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 39 concellos, que suman un total de 574 prazas dispoñibles: Abegondo, Ames, Arzúa, Barreiros, Betanzos, Boiro, Burela, Campo Lameiro, A Cañiza, Carballedo, Catoira, Celanova, A Coruña -Eiris, Cuntis, A Estrada, Fisterra, A Guarda, Lalín, Moaña, Narón, Oroso, Ortigueira, Ourense, Pontedeume, As Pontes, Pontevedra, O Porriño, Porto do Son, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sarria, Tomiño, Valga, Verín, O Vicedo, Vigo, Vimianzo e Xunqueira de Ambia.

Avaliación
Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo

Preto de 1.500 prazas convocadas no ano 2016
Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2016, que terá a súa continuación no vindeiro ano con novas convocatorias de dous cursos de teleformación titorizada con exame final e dúas convocatorias de probas presenciais na modalidade autoformativa.

Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron mais de 1.200 as prazas convocadas en cursos de teleformación titorizada e de 1.600 as persoas que se someteron á avaliación dos seus contidos nas diferentes edicións das probas presenciais convocadas e que se realizaron en diversas aulas da rede CeMIT.

A estes datos hai que engadir as máis de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas CeMIT de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.

A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros.
*Calendarización das probas
As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 16, 17 e 18 de novembro de acordo co seguinte calendario:

LOCALIDADE
PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Abegondo Coruña, A Mércores, 16 novembro 10:00
16
Coruña, A -Eiris Coruña, A Mércores, 16 novembro 10:00
16
Vimianzo Coruña, A Mércores, 16 novembro 10:00
15
Burela Lugo Mércores, 16 novembro 10:00
9
Campo Lameiro Pontevedra Mércores, 16 novembro 10:00
9
Guarda, A Pontevedra Mércores, 16 novembro 10:00
12
Pontevedra Pontevedra Mércores, 16 novembro 10:00
26
Tomiño Pontevedra Mércores, 16 novembro 10:00
8
Valga Pontevedra Mércores, 16 novembro 10:00
11
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Ames Coruña, A Xoves, 17 novembro 10:00
13
Fisterra Coruña, A Xoves, 17 novembro 10:00
10
Narón Coruña, A Xoves, 17 novembro 10:00
15
Pontes, As Coruña, A Xoves, 17 novembro 10:00
18
Santiago de C Coruña, A Xoves, 17 novembro 10:00
16
Ourense Ourense Xoves, 17 novembro 10:00
18
Moaña Pontevedra Xoves, 17 novembro 10:00
8
Porriño, O Pontevedra Xoves, 17 novembro 10:00
10
Vigo Pontevedra Xoves, 17 novembro 10:00
13
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Arzúa Coruña, A Xoves, 17 novembro 16:00
17
Betanzos Coruña, A Xoves, 17 novembro 16:00
18
Coruña, A – Eiris Coruña, A Xoves, 17 novembro 16:00
16
Pontedeume Coruña, A Xoves, 17 novembro 16:00
10
Santa Comba Coruña, A Xoves, 17 novembro 16:00
18
Vicedo, O Lugo Xoves, 17 novembro 16:00
7
Ourense Ourense Xoves, 17 novembro 16:00
18
Verín Ourense Xoves, 17 novembro 16:00
11
Xunqueira de Ambia Ourense Xoves, 17 novembro 16:00
9
Cañiza, A Pontevedra Xoves, 17 novembro 16:00
15
Estrada, A Pontevedra Xoves, 17 novembro 16:00
12
Pontevedra Pontevedra Xoves, 17 novembro 16:00
26
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Boiro Coruña, A Venres, 18 novembro 10:00
10
Oroso Coruña, A Venres, 18 novembro 10:00
12
Ortigueira Coruña, A Venres, 18 novembro 10:00
11
Porto do Son Coruña, A Venres, 18 novembro 10:00
8
Ribeira Coruña, A Venres, 18 novembro 10:00
11
Barreiros Lugo Venres, 18 novembro 10:00
12
Carballedo Lugo Venres, 18 novembro 10:00
7
Sarria Lugo Venres, 18 novembro 10:00
17
Celanova Ourense Venres, 18 novembro 10:00
11
Catoira Pontevedra Venres, 18 novembro 10:00
15
Cuntis Pontevedra Venres, 18 novembro 10:00
9
Lalín Pontevedra Venres, 18 novembro 10:00
18
Vigo Pontevedra Venres, 18 novembro 10:00
13

 

También te podría gustar...