Cancro de tiroides: Galicia unha das comunidades con maior mortalidade
- Galicia é unha das comunidades con maior mortalidade por cancro de tiroides
- O Servizo de Cirurxía do CHUO organizou hoxe a II Xornada de Cirurxía Endocrina, na que se abordaron distintas técnicas cirúrxicas
- O cancro de tiroides diagnostícase cada vez en estadios mais iniciais e ten en xeral bo prognóstico, pero Galicia aínda rexistra unha das taxas mais altas de mortalidade do estado
Cirurxáns e especialistas en formación de toda Galicia reunironse hoxe, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, para asistir a “II Xornada de Cirurxía Endocrina en Directo”, que lles permitíu presenciar, en tempo real interactuando con quirófano, onde se desenvolveron dúas intervencións nas que se abordaron as posibilidades de evitar o uso de ligaduras ou suturas tradicionais.
Para elo esta edición contou coa presenza, como cirurxán invitado, de Pablo Moreno Llorente, do Hospital Universitario de Bellvitge, recoñecido experto no eido da cirurxía endocrina, ou de tiroides, que abordou as vantaxes do uso dos diferentes tipos bisturíes de ultrasonidos, de uso habitual xa noutros campos como a cirurxía abdominal, para evitar a realización de suturas, de especial interese neste delicado campo operatorio, con grandes vasos e nervios, na procura dun procedemento mais seguro e rápido.
Alta taxa de supervivencia
As intervencións endocrinas mais delicadas son as derivadas dun Cancro de Tiroides, para o cal a cirurxía continúa a ser na actualidade o único tratamento efectivo. Nos últimos anos, a tendencia é realizar unha intervención conservadora, que permite manter parte da glándula tiroides e dos ganglios, e na maioría dos casos non require tratamento posterior, salvo nalgúns, nos se que complementa cun tratamento isotópico, con iodo radiactivo, tratamento que incluso pode facerse de xeito ambulatorio, e sen os efectos secundarios asociados ao tratamento quimioterapeútico.
O doutor Moreno Llorente, indicou que os resultados son moi esperanzadores xa que, na actualidade, cada vez é mais habitual diagnosticar estes tipos de cancro en estadios iniciais, grazas ás vantaxes da ecografía, ou incluso antes de que den síntomas, como parte dun achado casual. De feito, a taxa de supervivenza aos 10 anos é do 90%, incluíndo tanto aos pacientes con menor como con maior risco.
Maior mortalidade en Galicia
Pese a elo, e a que súa incidencia é moito menor que a de outro tipo de tumores, 70 casos por millóns de habitantes, uns 15-20 casos anuais en Ourense, Galicia continúa a ser, segundo explicou o doutor Moreno, xunto con Canarias, unha das comunidades con maior mortalidade a nivel nacional, por este tipo de cancro que afecta mais á muller, cun 77% de incidencia fronte ao varón.
Tanto as causas do cancro de tiroides como da súa maior mortalidade en Galicia son todavía descoñecidas, pero, si se sabe que, entre o 1 e o 3% dos casos dos cancros tiroideos de tipo papilar e folicular, os mais frecuentes, xa que supoñen o 90% do total, teñen un compoñente hereditario, e tamén que a exposición a radiación na infancia supón un importante factor de risco. De feito, eso explicaría a incidencia deste cancro en persoas de idade avanzada, durante súa infancia expostos a rudimentarios equipos de Raios X, ou naqueles expostos accidentes como os de Chernobil ou Fukushima.
Herdanza familiar e medio rural
No caso de Galicia, está documentada unha alta incidencia do cancro de tiroides medular, un dos mais graves, e cun alto compoñente hereditario familiar, no que podería ter importancia tamén a alta presenza en Galicia da enfermidade endocrina múltiple, cun 50% de transmisión familiar, a súa vez vinculada ao desenvolvemento doutras enfermidades das glándulas endocrinas.
Para o Dr. Pedro Trillo, do S. de Cirurxía do CHUO e organizador das xornadas, xunto a herdanza familiar non se pode esquecer a problemática da carencias de iodo, vencellada tradicionalmente na pobreza deste mineral na terra por mor das chuvias continuadas, e dunha economía de autoabastecemento de alimentos ligados a esta terra.
Así, pese a que a promoción e cada día maior uso de alimentos iodados, como a sal, ten reducido nos últimos anos a incidencia do bocio, outra enfermidade ligada a súa carencia e as veces precursora dun cancro de tiroides, unha dieta baixa en iodo persiste en moitas zonas rurais de Galicia, polo que o peso da poboación rural fronte a urbana na Comunidade pode ser determinante á hora de explicar súa maior taxa de mortalidade, tendo en conta que a demanda asistencial adoita ser, neste sector poboacional, mais tardía.