Ensino Ourense: «Valdeorras, Terra de Trives e Viana perden dende o 2009 o 18% das aulas de infantil e primaria, o dobre que a media de toda a provincia»
- A Consellería recorta aulas e profesorado no oriente ourensán, un ano máis
- A FP Básica ofertada na comarca e insuficiente unha vez implantada a LOMCE
ENSINO OURENSE:
Datos do ensino
Para o vindeiro curso 16-17 valdeorras perde as seguintes aulas e postos:
CEIP Manuel Respino de A Rúa (Comarca Valdeorras): Perde 1 aula de primaria e 1 mestre de primaria.
CEIP de Vilariño de Conso (Comarca Viana): Perde 1 aula de infantil e 1 mestre de infantil.
Estas perdas se suman as dos últimos anos que fan que oriente ourensán quede nunha situación crítica o perder o 22 % das aulas de infantil e o 17% das aulas de primaria dende o 2009 Todo isto supón a perda do 20% dos postos de traballo no período 2009-2016
A consellería está a practicar un ataque brutal o ensino público da comarca, dende o comezo da crise. De continuar coas políticas neoliberais do goberno galego catro anos mais, entrará nunha fase de agonía que levará o desmantelamento do ensino público no rural.
CCOO Ensino Ourense considera que os datos o longo do período 2009-2016 deixan en evidencia as intencións do goberno do PP, así como o modus operandi no peche de aulas e centros, primeiro deteriora o servizo eliminando aulas só atendendo a ratios e cando o deterioro e tal que o centro non é sostible procede o desmantelamento mediante a xustificación da non viabilidade. Dende CCOO Ensino entendemos que anterior o peche dunha aula, debe existir unha valoración que permita identificar cales son os motivos e ver cal ou cales son as mellores solucións
CCOO Ensino solicita, que a modificación do catálogo anual se estableza dentro dunha negociación coas OOSS que garanta un ensino de calidade cunha adecuada distribución de aulas e RRHH atendendo a criterios pedagóxicos, socio-económicos e culturais, tendo como punto de partida o acordo de agrupamentos asinado no ano 2009
FP Básica
Nos dous primeiros anos para esta nova ensinanza o número de alumnado xa supera o que tiña o PCPI. A partires do ano que ven coa implantación da LOMCE en todas as ensinanzas cremos que o número de alumnado nestas ensinanzas aumentará considerablemente tendo en conta que a ESO elimina a atención a diversidade e que 3º ESO vai ser un muro infranqueable para todos aqueles alumnos que precisen de apoio educativo para superar a ESO (apoio que xá non existe). En definitiva, a LOMCE convirte a FP Básica nunha medida de atención a diversidade.
Por todo isto CCOO Ensino Ourense considera unha burla que para o vindeiro curso 16-17 só se incremente a oferta de FP Básica nun ciclo formativo en Viana do Bolo e que é o mesmo que hain a Rúa. Temos que lembrar que a FP Básica e OFERTA OBRIGATORIA e polo tanto a consellería esta obrigada a unha oferta atractiva que permita que o alumnado teña unha saida acorde as súas pretensións. Non é de sentido comun que un alumno/a que en 3º ESO decide acceder A FP Básica na nosa comarca só poda acceder a mantemento de vehículos, electricidade ou informática de oficina. O problema é que este alumnado non ten mais saidas, ou escolle entre esta oferta ou abandona os estudos.
Esta maneira de actuar non ven máis que a constatar a hipocresía da Consellería de Educación na súa «aposta pola FP», unhas ensinanzas, con crecemento exponencial nos últimos anos que contrasta coa mingua á que as somete a administración ano a ano.
IMPLANTACIÓN LOMCE:
O curso 16-17 é o da implantación da LOMCE nos cursos pares da ESO e bacharelato. Aparecen as reválidas da ESO e bacharelato, sendo este ano de transición, e dicir, os alumnos farán a proba pero titularán igualmente. A revalida de bacharelato, si que terá validez como proba de acceso a universidade, antiga selectividade.
CCOO Ensino, considera urxente a derrogación do RD 310/2016 que regula as reválidas de ESO e BAC.
A incorporación das reválidas de ESO e BAC as xa implantadas en primaria levará a novas mobilizacións en contra das mesmas de toda a comunidade educativa durante o curso 16-17, onde CCOO Ensino terá un papel representativo, a través da plataforma en defensa do ensino público.
INFRAESTRUTURAS:
CEIP JULIO GURRIARAN: Grazas a presión da comunidade educativa, a consellería presentou un proxecto no mes de agosto para crear unha zona cuberta no patio do Julio Gurriarán.
CCOO Ensino denuncia, que o proxecto non aporta nada, o ser un documento de minimos. Dende Ensino nos tememos que a presentación dun proxecto feito polos técnicos sen visitar a obra, responde mais a unha medida electoralista que a intención de realizar o pavillón.
CCOO Ensino Ourense xa denunció no mes de xullo que o anuncio da construcción do pavillón non é mais que unha promesa electoral que nos tememos se adiará no tempo unha vez superado o 25S.
CCOO Ensino, esixe que a consellería se tome en serio as necesidades da comunidade educativa do CEIP Julio Gurriaran e que estableza un calendario para a realización dun proxecto en condicións en colaboración co concello e o centro, así como a execución das obras.