O luns abrirá súas portas o novo centro de saúde de O Couto

  • O novo centro de saúde de O Couto abrirá súas portas o vindeiro luns
  • O novo centro atenderá aos veciños do Couto, Vistafermosa e Rabo de Galo en horario de mañá e tarde, ofertando unha carteira de servizos avanzada que inclúe fisioterapia, pediatría, matrona e odontoloxía
  • Coa nova normativa de libre elección de profesionais no novo centro poden recibir asistencia tódolos usuarios que por proximidade ou elección persoal o desexen

couto

 

O vindeiro luns, día 5 de setembro, abrirá súas portas o novo Centro de Saúde de O Couto, que ese mesmo día atenderá seus primeiros pacientes, para elo, ao longo dos pasados días, a Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense púxose en contacto cos veciños para comunicarlle a nova oferta asistencial, da que tamén se poden beneficiar todos aqueles usuarios que por proximidade ou elección asi o desexen.

Os usuarios previstos para o sexto centro de saúde da cidade, os veciños das rúas mais próximas, Velázquez, Remedios, Greco, Jesús Soria, Salvador Dalí, Antonio Puga, Ervedelo e, en xeral, o conxunto de rúas incluídas nos barrios de O Couto, Vistafermosa e Rabo de Galo, foron informados do seu dereito a permanecer sendo atendidos no seu centro actual ou co mesmo profesional que os viña atendendo, sen prexuizo de que mais adiante desexen facer efectivo este cambio.

A posta en marcha do Couto permitirá, seguindo o criterio de proximidade e accesibilidade, redistribuir a poboación de referencia do Novoa Santos, onde na actualidade están a ser atendidos o 95% dos usuarios previstos no Couto, o que posibilitará tamén equilibrar seus cupos. Para elo, o Xerencia proxecta adaptar súa capacidade asistencial á demanda, incrementando gradualmente o cadro de persoal en función da mesma.
Fisioterapia e carteira de servizos avanzada

Seus usuarios estrearán o vindeiro luns un moderno centro de saúde, dotado coas últimas melloras en canto a accesibilidade e climatización, ampla distribución de espazos e abundante luz natural, construído nunha parcela, cedida polo Concello de Ourense, de 4.664 metros cadrados, xunto ao Edificio Xudicial, nas rúas Castro Canseco e Velázquez con entrada por esta última.

O sexto centro de saúde permitirá poñer a disposición dos veciños, no lugar mais próximo á súa residencia, unhas instalacións modernas e dotadas dunha carteira de servizos avanzada de atención primaria, polo que, ademais de consultas de medicina e enfermería familiar e comunitaria, contarán coa totalidade de unidades de apoio: Fisioterapia, Pediatría, Odontoloxía, Hixiene Dental, Farmacia e Traballo Social, estando prevista este mismo ano o inicio da súa actividade docente, con formación posgraduada de Atención Familiar e Comunitaria (MIR e EIR)

couto1

 

Traballo multidisciplinar en equipo

O novo centro de saúde comeza a súa andaina con vocación de crecer, aumentando gradualmente seu persoal e servizos, e parte xa cunha ambiciosa oferta de partida xa que desde os primeiros días ofertará xa, xunto a medicina e enfermería, fisioterapia, pediatría, odontoloxía, traballo social e enfermería especializada (matronas), que impartirán clases de educación maternal e preparación ao parto.

Para elo conta cunha superficie de 1.500 metros cadrados, distribuídos en sete consultas de medicina xeral, sete de enfermería, unha de matronas, unha de farmacia, traballador social, odontoloxía, sala de educación maternal, consulta de fisioterapia e ximnasio, dúas consultas, de pediatría e enfermería pediátrica, sala de técnicas (cirurxía menor), polivalente, consulta de atención de urxencias e unha consulta do programa da muller. Todas elas xa equipadas.

3,5 millóns de euros na súa construción

Cun investimento de 3,5 millóns de euros, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, e unha partida de 153.000 para equipamento. O Couto sumará unha nova partida de gasto, por parte do Concello de Ourense, destinada á urbanización do seu perímetro. Asemade, para mellorar o acceso de usuarios ata o remate destas obras de acondicionamento, o Sergas acometeu un acceso peonil con entrada pola rúa Velázquez.

O novo edificio está distribuído en tres plantas: No semisoto as consultas de pediatría, sala de educación maternal, matrona, farmacia e odontoloxía. Na baixa -nivel de acceso principal- admisión-administración, traballo social, consulta de urxencias e almacéns; mentres que na primeira sitúanse as consultas de medicina, enfermería e Fisioterapia. Por último a cuberta acolle ás instalacións.

Súa estrutura, en forma de “U” cun patio central axardinado, permite a iluminación e ventilación natural do edificio, recuberto de paneis de zinc que limitan seu mantemento, mentres que a cuberta invertida, con acabado de paneis de formigón a diferentes alturas, diminúe a gananza térmica en verán. Asemade, todo o edificio conta cun sistema de climatización regulable.

También te podría gustar...