#LaVuelta2016: despídese de Ourense

  • «La Vuelta a España» 2016 despídese de Ourense, en Maceda

0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 MB 7 etapa

 

«La Vuelta a España» 2016 despídese de Ourense, e faino no Concello de Maceda, lugar que acolleu a saída da sétima etapa desta competición ciclista que, tras percorrer 158 quilómetros, o pelotón chegará a Puebla de Sanabria. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá no tradicional corte de cinta que encabeza cada nova etapa desta proba, xunto ao alcalde de Maceda, Rubén Quintas, e acompañados por multitudinarios afeccionados que non se perderon esta nova cita de «La Vuelta a España» con Ourense.

Baixo o lema «Ourense Termal – Madrid», a 71ª edición de «La Vuelta a España» deixa unha pegada importante na historia da provincia de Ourense, escenario da presentación, saída e acollida de 4 das 21 etapas coas que conta esta competición ciclista que xunto ao Tour de Francia e o Giro de Italia, é a máis importante do mundo. En total, foron 18 os concellos ourensáns que viron pasar esta proba e que mostrou a «Marca Ourense» en máis de 150 países, pois trátase dun dos espectáculos deportivos máis vistos no mundo.

También te podría gustar...