Segue decretada a “Situación 2” no lume de Trives como medida preventiva, pola proximidade ao núcleo do Seixo
Permanece activo o lume de Pobra de Trives (Navea), onde segue decretada a “Situación 2” como medida preventiva
Continúa activo o lume no concello de A Pobra de Trives, parroquia de Navea, onde segue tamén declarada a “Situación 2”, como medida preventiva, pola proximidade ao núcleo do Seixo. Neste lugar unha vivenda resultou afectada polo lume, sen que se rexistraran danos persoais.
Este lume, iniciado ás 18:24 de onte domingo, afectou unha superficie de arredor de 164 hectáreas, segundo as últimas estimacións. Nel levan traballado 2 técnicos, 7 axentes, 29 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).