Viticultores afectados pola granizada poderán reducir a produción estimada

  • Os viticultores inscritos na D.O. Valdeorras afectados pola granizada do pasado día 6 de xullo, poderán reducir a produción estimada das súas parcelas
  • Así o notificou recentemente o Consello Regulador nunha circular interna

 

denominacion_180Desde a D.O Valdeorras enviouse recentemente unha circular interna a todos os viticultores (que contan coa súa produción amparada baixo o paraugas da denominación), para facerlle chegar o recibo correspondente ao pagamento das taxas da campaña da vendima 2016/17, por superficie/variedade e produción inscrita no Consello Regulador, que deberá ser abonado antes do vindeiro 31 de agosto.

De maneira excepcional, e debido á tormenta de granizo que castigou determinadas zonas da D.O o pasado día 6 de xullo, os viticultores -cuxa produción se tivera visto afectada por esta cuestión- poderán pasar pola sede do Consello Regulador para diminuír a produción máxima estimada das súas parcelas.

Esta excepcionalidade, tal e como se recolle na circular interna remitida aos viticultores, só será aplicada ás parcelas afectadas polo granizo e os danos poderán estar suxeitos á comprobación por parte do órgano de control do Consello Regulador.

 

Relacionado: Imágenes de una granizada ‘histórica’: 

http://creandotuprovincia.es/valdeorras/ultima-hora-fonte-da-cova-imagenes-de-una-granizada-historica/

También te podría gustar...