O CHUO primero hospital galego con ‘HU-CI’

  • O CHUO primeiro hospital galego en sumarse ao proxeto “HU-CI” de Humanización das Unidades de Coidados Intentivos
  • Un grupo de traballo formado por profesionais do Servizo de Medicina Intensiva do CHUO impulsan medidas para facer da UCI unha unidade mais aberta, humana e sensible ás necesidades de pacientes e familiares
  • O Servizo invitou hoxe a María Acevedo, enfermeira da UCI do Hospital Puerta de Hierro de Madrid, a compartir súa experiencia tras a adopción de medidas de humanización
  • Desde a UCI editouse unha Guía para Familiares de Pacientes Ingresados e un Manual de Estilo para os profesionais, promovendo as habilidades de comunicación, información sobre malas noticias ou a xestión de conflictos

 

CHUO. Por Rafael

CHUO. Por Rafael

O Servizo de Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense quere facer da Unidade de Coidados Intensivos (UCI), un espazo tecnoloxizado onde pacientes e familiares viven situacións críticas, derivadas da complexidade dos coidados que nela se ofertan, un espazo máis humano e máis centrado no paciente e nas súas familias, uníndose así a iniciativa nacional e internacional “HU-CI” proxecto en prol da Humanización destes coidados críticos.

Para elo, desde hai uns meses, un grupo de traballo, formado por médicos, enfermeiras, auxiliares e unha psicóloga clínica, traballaron en diferentes liñas, dunha parte, seguindo as indicacións que propulsa o Proxecto HU-CI, apoiado desde as sociedades médicas e de enfermería de coidados intensivos, críticos e Unidades Coronarias (SEMICYUC e SEEIUC), derivado da súa experiencia, non só coa enfermidade senón tamén, cos pacientes e as súas familias.

Con elo, súmanse aos cada vez máis numerosos grupos de traballo xurdidos por todo o país, que propoñen “Deterse e facer unha visión integral da situación actual das UCIs para mellorar a atención a pacientes, familias e profesionais” servindo como foro e punto de encontro, para mellorar os coidados e a súa perspectiva humana e dando a coñecer os coidados intensivos, achegándoos á poboación xeral.

Precisamente para aprender da experiencia, invitada polo grupo de traballo, hoxe acude ao CHUO unha firme defensora deste movemento de cambio, María Acevedo, profesora asociada da Universidade Camilo José Cela de Madrid, Máster en Coidados Críticos e enfermeira da UCI do Hospital Puerta de Hierro, un dos primeiros centros en facer seu este cambio de paradigma para, mediante pequenos xestos, facer das UCIs un espazo menos “difícil” e mais humano.

Cambiar a UCI de Ourense. Orientar e achegar ás familias

Unha das primeiras medidas, tomadas desde o Servizo de Medicina Intensiva, foi elaborar de xeito conxunto unha breve Guía para familiares de pacientes ingresados na Unidade Coronaria, que comezará distribuírse este mesmo mes de xullo. Nela, recóllense consellos sobre as medidas a tomar, recomendacións no contacto e relación co enfermo, orientación sobre os servizos e os coidados que recibe e os que poden solicitar os familiares, horarios, características especiais das visitas nesta unidade, etc.

De feito, un dos aspectos que mais inquedanza xera, entre os familiares de un paciente crítico, é precisamente non poder estar con el de xeito continuado, por elo, desde o servizo tentarase ampliar progresivamente o abano horario das visitas, ademais de facilitar que cada paciente poda ter xunto a el a un coidador, de xeito continuado, desde as tres ata as oito e media da tarde.

Xunto a elo, mellorouse a comodidade da Sala de Espera, con novos sillóns e enchufes para recarga de aparellos electrónicos; situáronse reloxos en tódolos boxes, para facilitar a orientación espacial dos pacientes. Tamén, dentro da unidade, estase a habilitar unha sala para atender ás familias dos pacientes falecidos, que tamén servirá para informarlle das posibilidades de doazón.

O principal reto, para o grupo de traballo, pasa agora por recoller debidamente as necesidades e suxestións de pacientes e familiares. Para elo, situarase unha caixa de correo de suxestións á entrada da UCI, que serán periodicamente avaliadas para súa integración no proxecto. Na mesma liña, o Servizo ten prevista a realización dunha enquisa entre familiares, pacientes e profesionais, que se realizará os vindeiros días.

Manual de Estilo, enquisas e suxestións

O traballo nunha unidade de pacientes críticos, como a UCI, tamén plantexa grandes retos aos profesionais de cara ao manexo, non só dos aspectos puramente clínicos, senón tamén de como comunicarse coas familias e como xestionar situacións difíciles. Para elo, desde o Servizo editouse un Manual de Estilo para os profesionais, no que se dan pautas sobre habilidades de comunicación, manexo da información sobre malas noticias, xestión de conflitos ou claves para a convivencia.
Unha das iniciativas previstas tamén neste proxecto é intensificar o contacto coa poboación xeral, na liña dos actos promovidos o pasado mes de Outubro, coincidindo co Día Europeo de Concienciación do Paro Cardíaco, no que desde o Servizo se organizaron obradoiros, abertos ao público, sobre Resucitación Cardio-Pulmonar (RCP) básica, mentalizando á sociedade da importancia desta formación, que pode salvar vidas. Para elo, o Servizo de Medicina Intensiva proxecta habilitar unha sala como aula de RCP para familiares, onde aprender estas técnicas e practicalas.

También te podría gustar...