A nacionalista Noa Presas recolleu as carencias do Hospital de Valdeorras como a reducción de servizos, a limitación das ambulancias e a falta de medios

  • A número ao Congreso do BNG rexeitou o rumbo de privatización que está rexistrando a sanidade pública e dixo que cada vez hai menos dotacións de persoal
Noa e candidatos en Valdeorras en O Barco

Noa e candidatos en Valdeorras en O Barco

 

Noa Presas, número un da candidatura ao Congreso do BNG por Ourense, reuniuse esta mañá coa Xunta de Persoal do Hospital de O Barco de Valdeorras para coñecer a situación do servizo público da sanidade. Os traballadores do centro sanitario lle comentaron que cada vez hai menos servizos,  que non se atenden ós pacientes que necesitan tratamentos de ciruxía urxente e que se están derivando a Ourense. “O paciente ten que trasladarse a Ourense co gasto económico que supón, pero tamén co risco que implica para a súa saúde por ter que esperar meses por atención sanitaria como é un tratamento de ciruxía”, apostilló Presas.

A Xunta de Persoal do hospital tamén lle citou a Presas como carencia a limitación que estase a producir de ambulancias debido ó traslado de pacientes para facer probas en Ourense posto que o centro hospitalario de Valdeorras carece de medios de diagnóstico. Neste senso,  Presas citou como exemplo que o centro estivo esperando 7 anos “por unha ferramenta tan básica como o TAC”.

Sobre a cuestión, tamén se pronunciou Suso Vilasánchez, que traballou máis de 20 anos no Hospital de Valdeorras (agora traballa en Viana do Bolo), apuntando que “antes mandaban a Ponferrada (León) para facer unha resonancia. Agora mandan a Ourense, pero non é o mismo facer 45 kilómetros que110. Eso  bloquea o servizo de ambulancias. Por este motivo, non hai transporte sanitario para garantir a asistencia a todo o área asistencia, sendo unha comarca tan grande e dispersa”.

Noa e Xunta Persoal

Noa e Xunta Persoal

 

Ademáis , Vilasánchez dixo que o hospital demanda tamén un neumólogo porque “é unha necesidade tendo en conta que a patoloxía neumólóxica en Valdeorras é prevalente. A resposta que nos dan é que son enfermos pluripatolóxicos e que os atenda medicina interna. Pero son, o non son… A realidade é que non hai neumólogo porque a que fai a programación para o centro hospitalario de Valdeorras é Ourense. Unha xestión eficaz non é unha espera de seis meses a seis anos. O sistema é denigranante. Estamos fartos subidos os coches con megáfono”.

Por su parte, Noa Presas explicou, tras reunirse ca Xunta de Persoal do Hospital de Valdeorras,  que levamos durante moitos anos, desafortunadamente, loitando pola sanidade pública, denunciando siiuacións en todas as institucións nas que O BNG ten voz e rexeitou a privatización da sanidade, “unha estratexia do PP de progresivo desmantelamento da sanidade pública para favorecer á empresa privada”, apuntou.

Argumentou que “todas e todos coñecemos como pacientes as listas de espera. Ademais de aumentar, os tempos de espera cada vez son mais longos” e puxo de manifesto que tamén os   s “peches de camas cada vez son mais frecuentes, chegan a pechar plantas enteiras. En canto os recortes de horarios, chegan ó límite incluso de recortar o horario de funcionamento do helicóptero do 061. Tamén é sangrante as citadas limitacións das ambulancias, sobre todo para zonas dispersas como Valdeorras”.

A porta do Hospital en O Barco

A porta do Hospital en O Barco

 

Fixo fincapé na continua precarización do persoal sanitario, que “cada vez é menor, igual que  a dotación de profesionais, de  médicos e enfermeiros. Non hai contratacións e as súas condicións laborais van a menos, non hai investimento para a calidade do servizo sanitario. Nós denunciamos esta privatización e solicitamos o cese inmediato de Eloína Núñez como responsable na provincia de Ourense da política de privatización da sanidade, orquestrada pola Xunta, pero tamén en colaboración co Goberno central, que é o que colle todo o que sae do aforro galego e que logo non revirte na Xunta. Nós queremos revertir todas as privatizacións e tamén o copago, que non se pode permitir”, concluiu Presas.

Noa Presas tamén visitou O Meiral e Fervernza, localidades do municipio de O Barco.

Noa Presas á porta do hospital de Valdeorras en O Barco

Noa Presas á porta do hospital de Valdeorras en O Barco

 

También te podría gustar...