Un ‘Hermano Mayor’ na xornada ‘Aprende a educar’ no Carballiño

  • A Xunta colabora coa xornada “Aprende a educar” que incide na necesidade da implicación dos pais na prevención de drogodependencias e outras adiccións
  • A delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, inaugurou esta actividade organizada conxuntamente pola Mancomunidade e o concello do Carballiño
  • Subliñou o compromiso do Goberno autonómico que aposta por un traballo transversal para previr futuros consumos e reducir as súas consecuencias nos ámbitos sanitario, educativo e social

IMG-20160526-WA0006

 

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou hoxe na inauguración da xornada Aprende a Educar organizada conxuntamente pola Mancomunidade do Carballiño -conformada polos concellos de Beariz, Boborás, O Irixo, Maside e San Amaro- e o concello do Carballiño, ao abeiro das subvencións de proxectos de prevención de drogodependencias e conductas aditivas da Consellería de Sanidade.

O obxectivo desta actividade é sensibilizar e concienciar aos pais e nais da comarca da importancia que ten a súa formación e implicación na educación dos seus fillos para previr futuros consumos de drogas e outras adiccións, e así evitar as súas consecuencias no ámbito sanitario, educativo e social.

Marisol Díaz Mouteira indicou que a Xunta de Galicia, a través de diferentes programas de prevención e dun xeito transversal desde distintos departamentos autonómicos, está a promover a adopción de estilos de vida saudables e de de ocupación do tempo libre entre os adolescentes e mozos galegos, ademais de potenciar factores de protección e reducir os riscos asociados ao consumo de drogas, como enfermidades, trastornos da conducta ou fracaso escolar. “Para vós, os pais, é unha prioridade que os vosos fillos medren con saúde. Para o Goberno galego, tamén, xa que a xuventude é o futuro do noso país”, asegurou.

A xornada, que se celebrou no Auditorio municipal do Carballiño, contou coa participación dos especialistas na materia: Pedro García Aguado, coach dos programas de televisión “Hermano Mayor” e “El Campamento”, e Francisco Castaño Mena, durante sete anos titor do proxecto “Aula Oberta”.

También te podría gustar...