Preto dun millón de euros a impulsar o turismo sustentable nos parques naturais e nas aulas da natureza

  • Medio Ambiente destina ao redor dun millón de euros a impulsar o turismo sustentable nos parques naturais e nas aulas da natureza
  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a licitación de dúas iniciativas con este obxectivo
  • Incluiranse actividades de educación ambiental, coa atención aos visitantes, os itinerarios guiados ou as charlas en centros educativos
  • Onte mesmo publicábase outro proxecto para conmemorar os “Cen anos de parques nacionais” nas Illas Atlánticas

 

Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Valdeorras)

Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Valdeorras)

O Diario Oficial de Galicia publicou dúas resolucións (http://bit.ly/27Sdhxw e http://bit.ly/1Ud5BOQ) para licitar sendas campañas de divulgación e promoción do turismo sustentable, tanto na Rede de parques naturais de Galicia como a través das aulas de natureza dependentes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. A estas dúas convocatorias súmase a publicada destinada a promover actividades nas Illas Atlánticas dentro do programa educativo-divulgativo “Cen anos de parques nacionais”.

Os servizos que se publican teñen como obxectivo impulsar a concienciación ambiental da sociedade e un mellor coñecemento, tanto da Rede Natura 2000 como dos espazos protexidos en Galicia. Deste xeito, dáse cumprimento ao previsto no Plan sectorial de turismo de Natureza e Biodiversidade 2014-2020 que ten como finalidade poñer en valor a biodiversidade para impulsar o turismo de natureza como actividade económica xeradora de emprego, asegurando sempre a correcta conservación dos valores naturais do territorio.

En concreto, estas actuacións –que se desenvolverán entre este ano e o 2018- incluirán o deseño e execución dunha campaña divulgativa e de interpretación da natureza de cada un dos seis parques naturais galegos, nas que se obterá información sobre a biodiversidade e e desenvolveranse ferramentas tecnolóxicas para a súa divulgación; actividades de educación ambiental; atención a visitantes, en visitas programadas e non programadas; ou charlas informativas en centros educativos para dar o coñecer os valores naturais estes espazos.

Todas estas actividades distribuiranse nos seis parques naturais (Fragas do Eume, Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia-Serra do Xurés, Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Valdeorras), e Monte Aloia) así como nas aulas da natureza que dependen deste departamento autonómico.

 

También te podría gustar...