Entre 700 e 900 persoas en Ourense poderían padecer Párkinson
- O servizo de neuroloxía do C.H. Universitario de Ourense diagnostica vinte novos caso de Párkison por ano
- Segundo ás estimacións nacionais de prevalenza en Ourense poderían padecer Párkinson entre 700 e 900 persoas
- Desde 2006 Neuroloxía aplica un novidoso tratamento para o Párkinson avanzado que consiste en administrar o medicamento directamente no duodeno a través dunha sonda permanente
- Ao redor do Párkinson existen multitude de falsos estereotipos, como que aparece a idade avanzada -1 de cada 5 son menores de 50- ou que seu síntoma principal é o tremor -son igualmente frecuentes a lentitude de movementos, a rixidez e outros síntomas motores
No Día Mundial do Párkinson, o Servizo de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense animou á poboación a deixar de lado os tópicos sobre a a enfermidade, e a coñecer mellor unha doenza que ten unha variada gama de signos de alerta xa que, nun 40% dos casos, antes das manifestacións motoras -como o ben coñecido movemento involuntario das mans- as primeiras sinais para chegar a un diagnóstico poden ser a depresión, hiposnia (percibir mal os olores) ou estreñimento.
Precisamente, un mellor coñecemento destes signos iniciais podería axudar a súa detección temperá, e tamén a unha maior eficacia do seu tratamento, xa que unha das maiores dificultades do diagnostico precoz ven derivado da multitude de sintomatoloxía non motora con que a enfermidade pode avisar, e que se poden achacar a múltiples causas. De feito, o seu diagnóstico é moito mais rápido cando os síntomas son de tipo motor (que afectan ao movemento)
O principal grupo de risco de afectados atópase entre os 60 e os 70 anos. Non si, no 15% dos pacientes, a enfermidade manifestase antes dos 45 anos, e 1 de cada 5 pacientes diagnosticados teñen menos de 50, sendo posible incluso en nenos ou adolescentes, no que se coñece como Párkinson xuvenil.
Tratamento en Ourense
Estas dificultades no diagnóstico temperá fai que os neurólogos afronten moitas veces o manexo do Párkinson avanzado, para o que desde CHUO contan con gran experiencia na aplicación, xa desde marzo de 2006, dunha nova opción terapéutica para pacientes neste estadio clínico, que consiste en administrar un medicamento de forma continua, mediante unha bomba portátil, directamente no duodeno, o que permite obter niveis continuos desta medicación en sangue e evitar o seu paso gástrico e a descontinuidade do seu efecto.
Esta continuidade é posible grazas a unha bomba de perfusión, que administra directamente un xel de “levodopa”, medicación indicada nestes casos, evitando as variacións dos síntomas derivados da oscilación dos niveis en sangue deste medicamento. Esta característica adáptase especialmente ás necesidades daqueles pacientes de párkinson avanzado non aptos para a cirurxía, mellorando moito súa calidade de vida e control dos síntomas.
Este tratamento está sendo empregado por parte de 13 pacientes seguidos desde o CHUO, e constitúe unha alternativa terapéutica eficaz para os enfermos de Párkinson en estadios avanzados, que presentan unha vida comprometida e limitada, xa que lles permite acadar unha vida mais estable e activa, sen episodios repentinos de inmobilidade, e aplicase a pacientes seleccionados con Párkinson avanzado, que non responden satisfactoriamente ao tratamento con levodopa por vía oral.
Pese as súas vantaxes, este tratamento non está indicado de xeito xeneralizado, xa que, ademais da vixencia da indicación do tratamento cirúrxico, a súa aplicación está contraindicada naqueles pacientes que non respondan á levodopa, que sufriran algún tipo de cirurxía gástrica, nos que sexa difícil a colocación dunha sonda, con disfuncións cognitivas ou calidade de vida moi deteriorada.
Enfermidade crónica e invalidante
O Párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa, crónica e invalidante, ainda moi descoñecida para as persoas que non teñen ou tiveron un contacto directo coa enfermidade, que segue a ser dificil de diagnosticar. Existen tantos párkinson como persoas, xa que enfermidade maniféstase de forma diferente en cada paciente, tanto na sintomatoloxía como na evolución da enfermidade ou resposta aos tratamentos e ás terapias rehabilitadoras, o que fai necesaria unha atención personalizada.
Na actualidade, descoñécense as causas que provocan a enfermidade e esta aínda non ten cura. Non si, existe unha gran variedade de terapias e tratamentos dirixidos a atenuar os síntomas e mellorar a calidade de vida das persoas con párkinson.
Falsos estereotipos
Ao redor do párkinson existen multitude de falsos estereotipos dos que destacan dous: a idade de aparición e o tremor como síntoma característico. A maior parte das persoas afectadas teñen máis de 65 anos, pero non é exclusiva das persoas maiores.
Ademais os síntomas do párkinson son algo máis que o tremor involuntario, ou bradicinesia. De feito hai unha gran variabilidade de síntomas motores, que afectan ao movemento, como a lentitude de movementos; a rixidez, ou resistencia ante a realización de movementos flexores ou extensores das extremidades; inestabilidade postural, e incluso parasomnias, trastornos da conduta do sono durante a fase REM do sono, que se caracterizan polo aumento do movemento, habitualmente provocando comportamentos involuntarios anormais, como pegar, patalear, camiñar, ou moverse na cama.
Ademais destos síntomas, na enfermidade interveñen un amplo abano de doutros como a apatía, a lentitude de pensamentos ou a depresión, entre outros. De feito, moitos deles provocan máis problemáticas que o tremor en repouso, como coa rixidez, a ausencia de expresión facial ou os problemas de equilibrio (principal causa das caídas).
A falta de coñecemento a miúdo conduce ao estigma e este pode chegar a provocar o illamento social das persoas afectadas. En ocasións, síntomas como a rixidez muscular, a inestabilidade postural, ou a inexpresividade facial interprétanse erroneamente a nivel social. O que provoca que, tanto eles como os seus familiares, teñan que facer fronte a dificultades derivadas da incomprensión. Por elo, un maior coñecemento da enfermidade conduciría a comprendela mellor e, polo tanto, apoiar mais aos que o padecen.