O Marcos Valcárcel acollerá o primeiro Congreso Galego de Técnicos de Anatomía Patolóxica

  • Ourense acollerá este venres o primeiro Congreso Galego de Técnicos de Anatomía Patolóxica
  • Avalado pola Sociedade Española de Anatomía Patolóxica é o segundo congreso deste colectivo profesional que se organiza en España
  • O alto interese do encontro motivou que se completara o aforo de asistentes no mes de apertura do prazo de inscrición con profesionais de toda España
  • Carmen Penín, xefa do Servizo de Anatomía Patolóxica do CHUO, e presidenta en Galicia da SEAP, destacou o altísimo nivel profesional e desenvolvemento tecnolóxico dos servizos de anatomía patolóxica do Sergas que considera á vangarda da innovación

 

Ourense acollerá este venres 9 de abril ás “I Xornadas Galegas de Técnicos Superiores de Anatomía Patolóxica e Citoloxía” que, organizadas polo Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, permitirán congregar a profesionais de todo o país, para afondar nos novos retos deste colectivo, con mais de 30 anos de desenvolvemento en España.

O gran interese da convocatoria, é o segundo congreso destas características que se organiza a nivel nacional, motivou que, no mesmo mes de apertura do prazo de inscrición, se completase o aforo da súa sede, o Centro Cultural Marcos Valcarcel, con 200 asistentes de todo o estado.

Na presentación do congreso, esta mañá no CHUO, a presidenta do comité organizador, María Luisa López Vega, coordinadora e técnica superior deste Servizo de Anatomía Patolóxica, destacou a alta calidade da programación prevista, que conta co pleno apoio da Sociedade Española de Anatomía Patolóxica (SEAP), sociedade que aposta polo desenvolvemento profesional destes técnicos e pola homologación dos seus estudos co resto de Europa, onde teñen nivel de Grao universitario.

En verbas de Carmen Penín, xefa do Servizo de Anatomía Patolóxica do CHUO, e presidenta en Galicia da SEAP, a labor dos técnicos é imprescindible para a calidade diagnóstica dos servizos de Anatomía Patolóxica, xa que son responsables do procesado das mostras que permiten ao anatomopatólogo seu estudo e informe diagnóstico con criterios de máxima calidade, e destacou o altísimo nivel profesional e desenvolvemento tecnolóxico dos servizos de anatomía patolóxica do Sergas, subliñando que desde Galicia estase a vangarda da innovación nesta especialidade.

Programa:

 

Programa 1

Programa 1

 

Programa 2

Programa 2

También te podría gustar...