O 061-Galicia asistiu a 38 persoas por 29 accidentes de circulación durante a fin de semana
- Dende as 15:00 horas do venres 1 de abril ata as 23:59 horas do domingo 3 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 33 chamadas por accidentes de tráfico
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 38 persoas debido a 29 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 1 de abril ata as 23:59 horas do domingo, 3 de abril. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 18 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 33 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 29 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 38 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 65 e 35 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 38 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.
Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 13 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia |
Accidentes |
A Coruña |
13 |
Lugo |
4 |
Ourense |
2 |
Pontevedra |
10 |
Galicia |
29 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 43. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a dous sinistros,o helicóptero medicalizado asistiu en dous sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 31 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis sinistros. As ambulancias convencionais mobilizáronse en dous ocasións.
En 32 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto do sinistro.