9ª Edición de Penedos do lobo, maratón de montaña de Galicia
Hoxe os comentamos a derradeira actividade que pecha o conxunto das mesmas incluidas no ‘Verán Cultural e Deportivo 2014’ de Manzaneda, como é esta 9ª Edición de Penedos do lobo, maratón de montaña de Galicia.
Como podedes imaxinar, unha maratón de montaña non é precisamente unha proba en principio apta para tódolos públicos. Por ese motivo divídise en tres posibles formas de afrontala. Unha en forma de carrera competitiva, outra de forma de andaina ou sexa, o que se coñece como os ‘andaríns’. E como terceira forma, pódese facer esta carrera en BTT ou sexa, en bicicleta de montaña.
Xa está o período de inscripción aberto para tódalas categorías que daranse cita o vindeiro 14 de septembro para celebrar unha das maratóns de montaña máis duras da nosa comunidade.