93 persoas atendida en 65 accidentes de circulación durante a fin de semana

061Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 93 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 19 de decembro, ata as 23:59 horas do luns, 21 de decembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o venres con 24 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 78 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 65 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 93 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 40 e 60 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 50 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 44 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 28 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña
28
Lugo
5
Ourense
10
Pontevedra
22

Galicia

65

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 89. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 63 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 15 ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse seis ocasións.

En 76 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 14 ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado y tres falecidos no lugar do incidente.

También te podría gustar...