88 persoas atendidas en 58 accidentes de circulación durante a fin de semana na nosa comunidade
Segundo datos da Xunta, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 88 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 19 de setembro, ata as 23:59 horas do domingo, 21 de setembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado e o domingo con 20 accidentes cada día.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 73 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 58 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 88 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59 e 41 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 46 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.
Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 26 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia |
Accidentes |
A Coruña |
18 |
Lugo |
5 |
Ourense |
9 |
Pontevedra |
26 |
Galicia |
58 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 84. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 70 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis ocasións. As ambulancias concertadas rexistraron tres mobilizacións.
En 76 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.