82 persoas atendidas en 68 accidentes de circulación durante a fin de semana
82 persoas atendidas en 68 accidentes de circulación durante a fin de semana na nosa comunidade.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 82 persoas debido a 68 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 31 de outubro, ata as 23:59 horas do domingo, 2 de novembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 30 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 86 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 68 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 82 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 50 respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 42 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 39 anos.
Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 28 sinistros de tráfico respectivamente durante os desprazamentos destas datas.
Provincia |
Accidentes |
A Coruña |
28 |
Lugo |
10 |
Ourense |
4 |
Pontevedra |
26 |
Galicia |
68 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a dous sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu a unha persoa, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 71 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse nunha ocasión.
En 75 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.