7ª Semana Escolar da Árbore e da Auga

  • Participan 7.000 alumnos

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con José Antonio Perozo, para a presentación de «A semana escola da árbore e da auga» na provincia de Ourense.

 

Un total de 7.000 escolares de Primaria de toda a provincia participarán na 7ª Semana Escolar da Árbore e da Auga, que se desenvolverá entre os días 22 e 26 do presente mes, organizada pola Deputación de Ourense con motivo dos días mundiais da árbore e da auga que se celebrarán os próximos 21 e 22 de marzo, respectivamente. 

O presidente provincial, Manuel Baltar, presentou por videoconferencia xunto co escritor Xosé A. Perozo a publicación que nesta edición se distribúe entre os centros educativos participantes: o conto titulado No país das augas, do que é autor Xosé A. Perozo e que conta coas ilustracións de Viki Berre. A obra amosa a importancia da auga para a vida e pon de manifesto a riqueza que posúe a provincia en relación a elemento. O argumento xira en torno á investigación sobre o roubo das augas no balneario de Cortegada, historia que levará aos protagonistas ata outros puntos da provincia como o Macizo Central para coñecer o funcionamento do ciclo da auga na natureza. 

Manuel Baltar destaca

a excelente acollida que cada ano ten este programa da Deputación de Ourense, que na presente edición céntrase na importancia da auga nas nosas vidas e a ameaza que representa a crenza de que é unha substancia inesgotable na natureza”, engadindo que Ourense “é o país das augas, un exemplo de abundancia deste elemento, sobre todo no ámbito termal, polo que temos que tomar conciencia do seu valor e fomentar o seu coidado e bo uso. 

 

Para a celebración da 7ª Semana Escolar da Árbore e da Auga deseñouse unha proposta de actividades e traballos recollidos nun programa destinado aos docentes, así como unha guía do profesorado con todas as pautas que precisen para traballar cos libros que recibirá o alumnado.  

También te podría gustar...