77 personas atendidas en 60 accidentes de circulación durante a fin de semana
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 77 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 21 de novembro, ata as 23:59 horas do domingo, 23 de novembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 27 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 70 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 60 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 77 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 45 e 55 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 42 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 44 anos.
Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico respectivamente durante os desprazamentos destas datas.
Provincia |
Accidentes |
A Coruña |
17 |
Lugo |
8 |
Ourense |
11 |
Pontevedra |
24 |
Galicia |
60 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 76. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a dous sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 67 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse nunha ocasión.
En 67 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do incidente.