74 persoas atendidas en 50 accidentes de circulación durante a fin de semana
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 74 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 10 de outubro, ata as 23:59 horas do domingo, 12 de outubro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o domingo con 23 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 56 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 74 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54 e 46 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 47% dos atendidos tiña entre os 20 e os 39 anos.
Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 20 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia |
Accidentes |
A Coruña |
17 |
Lugo |
10 |
Ourense |
3 |
Pontevedra |
20 |
Galicia |
50 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 64. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 55 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco ocasións.
En 67 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en catro ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e tres persoas faleceron no lugar do sinistro.