71 persoas atendidas por 52 accidentes de circulación durante a fin de semana

061Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 71 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 26 de outubro, ata as 23:59 horas do domingo, 28 de outubro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 21 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 71 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54 e 46 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 46 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 44 anos.

Por provincias foron Pontevedra e A Coruña as que rexistraron máis accidentes con 21 sinistros de tráfico respectivamente durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
21
Lugo
5
Ourense
5
Pontevedra
21
Galicia
52

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 65. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu a unha persoa, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 53 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse nunha ocasión.

En 58 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro.

También te podría gustar...