66 persoas atendidad en 54 accidentes de circulación durante a fin de semana
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 66 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 28 de novembro, ata as 23:59 horas do domingo, 30 de novembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 19 accidentes.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 65 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 54 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 66 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 56 e 44 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 23 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.
Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 30 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia |
Accidentes |
A Coruña |
14 |
Lugo |
5 |
Ourense |
5 |
Pontevedra |
30 |
Galicia |
54 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 74. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 60 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en dúas ocasións.
En 57 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.