50 aniversario do Polígono de San Cibrao das Viñas

  • «O Polígono nunca visto» exhibirá produtos históricos e actuais fabricados en Ourense de 70 empresas
  • Con motivo do seu 50 aniversario, o Polígono de San Cibrao das Viñas, organiza esta mostra, entre un variado programa de actividades, que terán lugar os días 1 e 2 de abril en Expourense
  • Manuel Baltar destacou durante a presentación a importancia da dinamización económica e o apoio á internacionalización
  • A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, participou na rolda de prensa de presentación
  • Subliña o compromiso da Xunta co polígono galego máis senlleiro, para continuar a impulsar a competitividade das empresas asentadas neste parque empresarial e promover a implantación de novos proxectos no mesmo

210316 RP feira mostras Polígono

 

O Polígono de San Cibrao das Viñas continúa a celebrar os seus 50 anos de vida cun variado programa de actividades para os días 1 e 2 de abril en Expourense entre o que se atopa unha mostra inédita «O Polígono nunca visto» e unha exhibición de procesos produtivos «Así se fai». O acto de presentación das actividades tivo lugar esta mañá na Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, onde estivo presente o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández; e o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, Elías Mera.

Durante a presentación Manuel Baltar destacou a importancia que ten nestes tempos a «cooperación público-privada» e sinalou que «o Polígono ten un apoio institucional clave e, non podería ser de outra maneira, porque estamos a falar dun motor económico como ningún, non só na provincia senón de Galicia». E engadiu, «eses 50 anos que se conmemoran contaron como calquera outro evento ou proxecto que presente a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, coa Deputación como aliada. O goberno provincial ten que estar aí non só pola traxectoria destes anos senón tamén pola visión e futuro que se albisca importante».

O presidente da Deputación de Ourense sinalou que «a dinamización económica é hoxe en día unha asignatura vital» e nesa liña asegurou que «dende o goberno provincial aprobamos o Plan Transforma Ourense xa fai tres anos que deu os seus froitos, un deles o acordo con Abanca para poñer a disposición dos emprendedores, autónomos, familias e corporacións locais da provincia, neste ano 2016, 37 millóns de euros.

Manuel Baltar destacou proxectos que a Deputación de Ourense está a levar a cabo en materia de apoio á internacionalización como son as Bolsas Ourense Líder ou a misión comercial dos Estados Unidos, trátase de «xerar economía, riqueza, manter e crear emprego, e esas son as liñas mestras do comportamento deste Polígono empresarial durante estes 50 anos», afirmou o presidente da Deputación de Ourense.

«Non se pode escribir a historia de Ourense sen a historia do Polígono e, a esa historia do Polígono, estamos convidados o día 1 e 2 de abril, con esa exposición «O Polígono nunca visto» que é unha chamada a participar e a darnos conta do moito que o Polígono ten aportado á constitución da «Marca Ourense», desa imaxe de Ourense que queremos apoiar e trasladar dende as Institucións», asegurou o presidente da Deputación de Ourense.

Presentación da feira O Polígono nunca visto

 

Na súa intervención, Díaz Mouteira, subliñou o respaldo de distintos departamentos autonómicos á actividade industrial deste recinto que cumpriu medio século de actividade “para continuar a impulsar a competitividade das empresas asentadas neste parque empresarial e promover a implantación de novos proxectos no mesmo”.

“Este polígono tense consolidado como un nodo de emprego e innovación que lidera a economía de Ourense”, dixo a delegada territorial, unha posición que fai de San Cibrao o centro gravitatorio ao redor do que orbitan os polígonos de Pereiro de Aguiar, Barreiros e Seixalvo, e dando cabida a un dos grandes referentes da innovación galega, o Parque Tecnolóxico de Galicia, que engloba a 87 firmas dos sectores máis punteiros, e a líderes da incubación e a innovación tecnolóxica como o Centro Tecnolóxico de Incubación de Coren, o Centro Tecnolóxico da Carne, a aceleradora Agrobiotech ou o CIS Madeira.

210316 rp feira polígono

 

«O Polígono nunca visto», reúne e exhibe a creatividade de 70 empresas expositoras punteiras, que promocionarán os seus produtos actuais e darán vida de novo aos seus produtos históricos. Nos diferentes stands estarán representados sectores tan característicos do Polígono como a madeira, o conxelado, a automoción, a aeronáutica, os transportes, o medio ambiente, a alimentación e a enxeñería, entre outros. Todos os expositores teñen como nexo común fixar a súa sede no parque empresarial pioneiro en Galicia. Asemade, o fondo documental de numerosas empresas e da propia Asociación de Empresarios ambientará as actividades previstas para os dous días de programa con exposición de fotos e libros de contabilidade dos primeiros anos, entre outros.

En canto a actividade «Así se fai» transformará a Expourense nunha diversificada fábrica de produtos ourensáns que aínda son grandes descoñecidos para unha maioría de ourensáns. Por medio de demostracións en directo, o público asistirá á fabricación de pezas para avións ou de compoñente para a automoción, á transformación dunha carrozaría nun vehículo especial, á elaboración de alimentos, e incluso á recuperación do mítico «Alpinche» de Estanislao Reverter.

Ademais destas actividades, a programación para o día 1 de abril inclúe encontros «Speed Networking», sesións rápidas de intercambio empresarial, nas que intervirán representantes dunhas 250 empresas procedentes de toda Galicia e do norte de Portugal. Tamén terá lugar unha mesa redonda que baixo o título «A Universidade de Vigo e o Polígono de San Cibrao» abordará asuntos como: as profesións máis demandadas na provincia, os perfís máis buscados polas empresas que contan con departamentos I+D+i, a visión laboral dende a vertente da oferta e da demanda, dirixidos estes relatorios á orientación laboral, a transferencia do coñecemento e a conexión entre plans

 

También te podría gustar...