40 cociñeiras e cociñeiros galegos hoxe na Ribeira Sacra
- Corenta cociñeiros e cociñeiras galegos visitan a Ribeira Sacra hoxe
- Son membros das catro asociacións provinciais de Cociñeiros de Galicia
A visita, organizada pola Asociación de Cociñeiros da Provincia de Lugo, está coordinada por Martín Mantilla, propietario do Restaurante Berso de Sober, coa colaboración do Concello de Sober e a Deputación Provincial de Lugo.
Programa
Está prevista a chegada a Sober de todas e todos os cociñeiros as 10:00 horas da mañá para saír en autobús ata o embarcadoiro Ponte do Sil onde serán recibidos polo deputado provincial Pablo Ribera. Ás 11:30 horas farán o percorrido no catamarán da Deputacion de Lugo polo Canón do Sil.
Ás 13:15 horas visitarán o miradoiro de Santiorxo e ás 14:00 horas degustarán produtos típicos acompañados de viño da D.O. Ribeira Sacra no Restaurante Berso .
Xa pola tarde, visitarán as Adegas Rectoral de Amandi, Don Bernardino e Guímaro, onde asistirán a catas comentadas dos seus viños.