3.091 agricultores ourensáns beneficiaranse do anticipo do pagamento único da PAC
3.091 agricultores ourensáns beneficiaranse do anticipo do pagamento único da PAC, que na nos provincia suporá un importe de 2.909.665,35 euros.
A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), transferirá hoxe máis de 35 millóns de euros a preto de 25.000 agricultores da nosa Comunidade Autónoma, en concepto de anticipo do 50% do pagamento único da Política Agrícola Comunitaria (PAC). De esta medida beneficianse os 3.091 agricultores da nosa provincia.
O pagamento deste anticipo ten por obxecto garantir un apoio á renda dos agricultores e gandeiros, contribuíndo a estabilizar os seus ingresos, á vez que se garante o mantemento do medio rural galego en boas condicións agrarias e medioambientais.
Nas primeiras semanas de decembro realizarase o pagamento do saldo restante do pagamento único. Tamén se realizará o pagamento de outras axudas directas tramitadas a través do procedemento de solicitude unificada 2014, como son a prima por vaca nutriz, o primeiro pago da axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores que manteñen explotacións con vacas nutrices, a axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector cabrún e a axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector de vacún de leite.