18.000€ en premios no Entroido 2022 de Monforte
- O Alcalde anuncia a apertura dos prazos para inscribirse no Entroido 2022, con 18.000€ en premios, un 37,40% máis que en 2020
- O Equipo de Goberno ven de aprobar as bases dos diferentes concursos convocados polo Concello, polo que os interesados xa pode inscribirse no concurso de xoves de compadres, xoves de comadres e Martes de Entroido
- Logo de que o pasado ano 2021 non se puidera celebrar o Entroido por mor da pandemia da Covid-19, o Concello recupera esta festividade que se desenvolverá seguindo todas as medidas de seguridade e saúde determinadas polas autoridades sanitarias
- Nesta edición de 2022, o Concello destina 18.000 euros en premios, o que supón 4.900 euros máis que en 2020 (un 37,40% máis), ano en que se repartiron 13.100 euros en premios
O Concello de Monforte ven de aprobar as bases que van regular as actividades do Entroido deste ano 2022, un certame que non puido ser celebrado en 2021 por mor da pandemia da Covid-19, e que o Equipo de Goberno recupera, sempre que as condicións sanitarias permitan finalmente a súa celebración.
Para esta edición de 2022, dende o Equipo de Goberno decidimos incrementar a partida de premios ata os 18.000 euros, que é un 37,40% máis que en 2020 (4.900 euros máis), no que repartimos 13.100 euros en premios” salienta o Alcalde, José Tomé Roca.
Deste xeito, o primeiro dos eventos festivos programados para o Entroido monfortino é o concurso do Xoves de Compadres, que se vai celebrar o 17 de febreiro. Unha semana máis tarde, o 24 de febreiro, a cidade do Cabe acollerá outra das citas imprescindibles destas datas: o Xoves de Comadres.
Finalmente, o Desfile de comparsas e disfraces do Martes de Entroido realizarase o 1 de marzo.
Xoves de Compadres e de Comadres
Tanto para o concurso do Xoves de Compadres como para o de Comadres, a Concellería de Cultura de Monforte ten previstas tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursará na Praza de España.
Á hora de decidir os gañadores teranse en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.
Tanto no caso do Xoves de Compadres como no de Comadres, os premios para cada unha das convocatorias son os seguintes:
Individuais
1º premio: 75 euros 2º premio: 50 euros Accésit: 25 euros |
Colectivos
1º premio: 120 euros 2º premio: 95 euros Accésit: 50 euros |
Outros premios
-Premio á etnografía: 125 euros -Premio á crítica social: 125 euros |
As solicitudes para inscribirse no concurso do Xoves de Compadres terán que presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica do mesmo, dende o día seguinte á súa publicación na páxina web do Concello. O prazo para facelo rematará o vindeiro 16 de febreiro ata as 14 horas.
No caso do Xoves de Comadres, xa está tamén o prazo aberto e o último día para inscribirse é o 23 de febreiro ata as 14 horas.
Martes de Entroido: desfile de comparsas e disfraces
O día grande do Entroido en Monforte será o martes, 1 de marzo. Xa está aberto o prazo de inscrición no desfile de comparsas e disfraces, e o derradeiro día para poder inscribirse neste concurso, presentando a correspondente documentación no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica do mesmo, é o 24 de febreiro ata as 14 horas.
O Concello establece dúas modalidades claramente diferenciadas: unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte e outra para disfraces e comparsas de fóra da cidade.
A diferenza estará na contía dos premios, de tal xeito que o primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes pode chegar ós 1.100 euros e no caso das que sexan de fóra ascenderá a 400 euros.
Por outra parte, haberá premios de 125 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escena e a mellor música en vivo, mellor humor e mellor crítica de actualidade.
O desfile de comparsas e disfraces comezará o 1 de marzo ás 17:00 h na praza da Estación.
A relación completa de premios do é a seguinte:
COMPARSAS E DISFRACES DE MONFORTE:
Comparsas de máis de 90 compoñentes
1º- 1.100 euros
2º- 700 euros
3º- 500 euros
Comparsas entre 51 e 90 compoñentes
1º- 500 euros
2º- 350 euros
3º- 200 euros
Comparsas entre 25 e 50 compoñentes
1º- 400 euros
2º- 250 euros
3º- 200 euros
Comparsas entre 4 e 24 compoñentes
1º- 250 euros
2º- 200 euros
3º- 150 euros
Individual Adultos de 1 a 3 compoñentes
1º- 125 euros
2º- 100 euros
3º- 75 euros
Premios de 125 euros a:
- Mellor comparsa tradicional
- Mellor posta en escea
- Mellor crítica de actualidade
- Mellor humor
- Mellor música en vivo
Premios ás carrozas
1º- 400 euros
2º- 200 euros
3º- 150 euros
Accésits
- Comparsas con máis de 90 compoñentes: 250 euros
- Comparsas de 51 a 90 compoñentes: 130 euros
- Comparsas de 25 a 50 compoñentes: 100 euros
- Comparsas de 4 a 24 compoñentes: 100 euros
- Comparsas infantís: 40 euros
- Individual adulto: 40 euros
- Individual infantil: 40 euros
- Ás carrozas: 70 euros
Individual infantil de 1 a 3 compoñentes
1º- 100 euros
2º- 75 euros
3º- 60 euros
Comparsas infantís de 4 compoñentes en diante
1º- 225 euros
2º- 130 euros
3º- 75 euros
*Os premios das categorías infantís serán en material didáctico ou deportivo.
COMPARSAS E DISFRACES DE FORA DE MONFORTE:
Comparsas de 1 a 3 compoñentes
1º- 125 euros
2º- 100 euros
3º- 75 euros
Comparsas de 4 a 24 compoñentes
1º- 250 euros
2º- 200 euros
3º- 150 euros
Comparsas de máis de 25 compoñentes
1º- 400 euros
2º- 250 euros
3º- 200 euros