131 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa, sendo Ourense a menos afectada con 16
- O CAE 112 Galicia xestionou un total de 131 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa
O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou no día de hoxe -entre as 06:00 e as 18:00 horas- un total de 131 incidencias relacionadas co fenómeno adverso laranxa por vento en terra e nos litorais das provincias de A Coruña e Pontevedra. O maior número de intervencións –un total de 66- estiveron relacionadas ca retirada de pólas e árbores caídas en estradas principais e secundarias da comunidade galega.